Site icon Crónica3.com A Mariña

A comisión pro residencia en Ribadeo manterá unha xuntanza no concello co vicepresidente da Deputación

Nota de prensa

A COMISIÓN PRO RESIDENCIA MANTERÁ ÁS 18 HORAS UN ENCONTRO NO CONCELLO CO VICEPRESIDENTE PRIMEIRO DA DEPUTACIÓN DE LUGO, ANTONIO VEIGA.

Ribadeo, 30 de xaneiro de 2012. A comisión pro residencia da terceira idade en Ribadeo manterá unha xuntanza esta tarde a partires das 18 horas co vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo e responsable da Área de Benestar Social, Antonio Veiga. Será no salón de plenos do Concello de Ribadeo.

Este encontro é  continuación da rolda de contactos que se iniciaba a pasada semana coa entrevista mantida coa delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, en San Cibrao.

Da comisión pro residencia forman parte o alcalde, Fernando Suárez; a concelleira de Saúde e Servizos Sociais, Teresa González; representantes dos partidos políticos que forman parte da Corporación Municipal e un representante da plataforma de asociacións veciñais.

Exit mobile version