Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleira de Cultura e Educación de Ribadeo convida a participar na presentación de Preescolar na Casa

Nota de prensa

O xoves, 26 de xaneiro, terá lugar a presentación de Preescolar na Casa. Será ás 15 horas no Ceip Gregorio Sanz. A concelleira de Cultura e Educación, Mariluz Álvarez Lastra, ven de dirixirlles unha carta aos pais convidándoos a participar neste acto.
A edil nacionalista asegura que “Preescolar na Casa é un programa educativo que se organiza para contribuir á formación dos pais, co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos (0-2 anos) a través das actividades diarias e do aproveitamento do contorno dun xeito consciente e reflexivo. As reunións terán unha periodicidade quincenal, e a eles asistirán pais, nais, nenos e un mestre-orientador/a do programa preescolar na casa”.

Exit mobile version