Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de Agricultura entrega plantas ornamentais e árbores en Xove

Nota de prensa

ENTREGA DAS PLANTAS ORNAMENTAIS E ÁRBORES EN XOVE

Mañá, mércores 25 de xaneiro, dende as 10:00 ás 13:00 horas, a Concellería de Agricultura vai facer entrega das plantas ornamentais e árbore saos veciños de Xove que as solicitaron. Estes tiveron o prazo aberto dende o 24 de outubro ao 19 de decembro do pasado. A entrega vai ter lugar no local da Aula de Formación do Concello, frente á Residencia da 3ª Idade San Bartolo.

As plantas chegaron hoxe, estando a Concelleira Dolores Meitín, xunto con persoal do Concello, preparando o local e os distintos lotes co fin de poder realizar a entrega con fluidez e rapidez.

Exit mobile version