Site icon Crónica3.com A Mariña

A conselleira de Traballo e Benestar inaugurou un centro de día xa aberto en Lourenzá

Notsa de prensa

Traballo investiu máis de 450.000 euros na construción do centro de día de Lourenzá, que atenderá a 30 usuarios

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe as instalacións deste novo centro de día na localidade luguesa
Ademais da construción, o departamento autonómico destinará máis de 300.000 euros ao ano para o seu mantemento
No que vai de lexislatura creáronse en Galicia 775 prazas en centros de día, o que supón un incremento do 82,7%, e antes de que remate á mesma alcanzaranse ás 2.400 prazas

Lourenzá (Lugo), 23 de xaneiro de 2012.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe o novo centro de día de Lourenzá (Lugo) que conta con 30 prazas e supuxo unha inversión de máis de 450.000 euros na súa construción. Ademais, no mantemento desta instalación, na que xa hai usuarios, o departamento destinará máis de 300.000 euros ao ano.

Na súa intervención, Beatriz Mato lembrou que no que vai de lexislatura creáronse en Galicia 775 prazas en centros de día, o que supón un incremento do 82,7%, e que antes de que remate esta lexislatura alcanzarase as 2.400, é dicir, o 157% máis.

Neste sentido, Mato incidiu no compromiso do actual Goberno da Xunta coa mellora da calidade de vida das persoas que sofren dependencia ou están en risco de padecela, o que se demostra cos esforzos en ampliar e mellorar os servizos dispoñibles para este colectivo.

Así mesmo, a titular de Benestar indicou que o departamento autonómico tamén está traballando desde o punto de vista normativo para acadar unha mellor organización e un funcionamento máis áxil e eficaz de todo o sistema de servizos de atención á dependencia, con iniciativas como a aprobación da orde que vai desenvolver a orde 15/2010 de dependencia.

Ademais, Beatriz Mato engadiu que nos primeiros meses deste ano aprobarase a carteira de servizos, a través da cal fixarase un estándar que permitirá garantir uns niveis de calidade para todos os usuarios, así como a eliminación das barreiras de idade para o acceso aos servizos.

A conselleira valorou que con todo isto “abrimos as portas á combinación de diferentes servizos por parte dun mesmo usuario, ao mesmo que permitimos que un mesmo centro poida prestar diversas modalidades de atención, o que redundará na ampliación dos servizos de proximidade”.

Exit mobile version