Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegada de Servizos Sociais de Lourenzá defende a súa xestión e alega que non fixo aucsacións persoais

Nota de prensa

Delegación de Servizos Sociais

Forzada polo afán de protagonismo e baseada na omisión da verdade

ACTUACIÓN PATÉTICA E RENCOROSA A DO PORTAVOZ NACIONALISTA

Fai faltas acusacións do que parece ser a súa especialidade

Non sabe o que votou, por que no Regulamento ía precisamente a subida do porcentaxe que se cobra aos usuarios do prezo hora que recolle as taxas

Lourenzá, 27 de xaneiro do 2012.- A voceira de Servizos Sociais, Emma Alvarez quixo saír ao paso das acusacións vertidas polo portavoz nacionalista que segundo a concelleira son froito dunha actitude patética e rencorosa xa que “fala de descalificativos persoais cando na realidade, nin en persoa, vese pouco polo concello, nin a través de comunicados de prensa foron pronunciados nunca por esta portavoz aucsacións persoais, en último caso, acusacións aparelladas ao cargo que ostenta.

Non pode o Sr. Fernández dicir o mesmo, debería revisar o que escribe ou o que lle escriben antes de falar de descalificativos cando foi el precisamente o que cruzou a barreira do ético nunha carta publicada en días pasados nos xornais, cando nese afán de protagonismo saíu a palestra nun tema que lle ven imposto de partido. Fai falsas acusacións do que parece ser a súa especialidade.

A concelleira tamén quixo recalcar que ela lee as actas como lee a documentación previa aos plenos que se celebran. Si o Sr. Fernández tivera a ben prepararse os temas antes de ir aos plenos decataríase que cando votou a favor das modificacións introducidas no Regulamento de Servizos Sociais estaba votando a favor do incremento do porcentaxe de taxa do prezo hora que se lle cobra aos usuarios.

“En ningún momento eu dixen que el votara a favor da taxas, eu ben sei que só votou a favor do regulamento, e para saber isto non me fai falla ler a acta por que estaba no Pleno”, o que parece é que el non coñecía o que estaba votando.

Non parece de recibo que o portavoz nacionalista, o único Edil que o BNG ten en Lourenzá, vote a favor da modificación do regulamento, despois de manifestar que está dacordo, e despois de que se lle facilitara votar por separado, ea o final non sabe ro que votou. Preguntámonos, si , esto é representar a tódos os veciños.

No tocante as famacias de garda, o Sr. Fernández volta a sacar o manual de partido cando en realidade parece que non ten moi claro que as farmacias de garda están para as urxencias e para dores menores, é habitual ter un pequeno botiquín nos fogares.

Os veciños de Lourenzá practicamente non utilizan o servizo das gardas nocturnas e en realidade, para unha boa parte do concello é moito máis cómodo recoller as propias medicinas en Mondoñedo, parece absurdo obrigar a manter un servizo que non é utilizado nin demandado polos veciños. Si coñecera o sentir dos veciños, sabría que esta moción xenérica do BNG presentada en moitos concellos de Galicia non é necesaria presentala en Lourenzá.

Exit mobile version