Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegada de Servizos Sociais de Lourenzá, molesta polas criticas, aclara que non hai recortes nos servizos

Nota de prensa

Delegación de Servizos Sociais

Intenta manipular aos veciños para acadar na prensa un protagonismo perdido nas furnas

O PORTAVOZ NACIONALISTA DE LOURENZÁ CÓ SEU AFÁN DE PROTAGONISMO NON TEN REPAROS EN DESDICIRSE

Non hai recortes nos servizos sociais, mudou o regulamento que foi aprobado curiosamente co voto a favor do BNG e do PP

Coñece o concello có  prisma da distancia e actúa baixo as directrices do partido que representa

Lourenzá,  25 de xaneiro do 2012.- O portavoz nacionalista de Lourenzá có seu afán de protagonismo non ten reparos en desdicirse, intenta manipular aos veciños a costa de difamacións e palabras carentes de sensatez a fin de acadar na prensa un protagonismo perdido nas furnas. Nas pasadas eleccións perdeu un edil, algo terá que ver o cabeza de lista.

Sae a prensa acusando ao equipo de goberno de recortes nos servizos sociais cando en realidade só mudou, curiosamente có seu voto a favor, o regulamento do Servizo de Axuda a domicilio coa única finalidade de adaptar o servizo ao fin para o que realmente está disposto. As dúas modificacións máis importantes van encamiñadas a, por un lado garantir a atención aos casos urxentes e por outro lado a prestar o servizo aos usuarios que realmente o necesitan, neste senso, mudou a baremación que dá aceso ao mesmo.

Saca a relucir outra vez a subida de taxas, cando estas xa foron aprobadas no mes de Novembro. Non faremos as cousas tan mal cando ten que recorrer sempre ao mesmo.

En relación a modificación da Lei de ordenación farmaceutica pola que se obriga a manter as gardas somente a aquelas farmacias que están no ámbito onde se atopan os PAC dicirlle que “ve o Concello có prisma da distancia e actúa baixo as directrices do partido que representa”.

A realidade é  que a modificación da lei foi a petición e có consenso dos propios colexios farmaceuticos que ven este servizo como innecesario ao non ser utilizado polos usuarios aos que lles é máis cómodo en caso de urxencias nocturnas acudir a farmacia que está ao carón do PAC onde é atendido.

No caso do noso Concello, a farmacia laurentina non tiña usuarios deste servizo e concretamente para a xente do Val é máis cómodo mercar os medicamentos nunha farmacia de Mondoñedo que vir expresamente por eles a Lourenzá xa que o retorno aos seus fogares dende o PAC non o fan polo núcleo urbano onde está asentada a farmacia, pero, agora toca rexistrar esta moción seguindo directrices do partido e sae a relucir o único que lle importa ao Sr. Docampo, gañar puntos perante os seus.

Exit mobile version