Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación da conta da creación dun aparcadoiro preto da praia de Covas e do remate da ponte de Verxeles en Viveiro

Nota de prensa:
A Deputación conclúe a vindeira semana obras na Ulloa, na Montaña e en Lugo de máis de 1,5 millóns de euros

– A Xunta de Goberno aprobou os derradeiros trámites das obras do módulo de atletismo da capital, do embarcadoiros de Negueira de Muñiz e da estrada que une Palas co cemiterio municipal

– En Viveiro, contratadas as actuacións de construción dun aparcadoiro na praia de Covas de máis de 42.000 euros e rematados os traballos de acondicionamento do contorno da Ponte de Verxeles

– Martínez avanza que en febreiro a Deputación presentará o estudo que elaborou coa USC sobre os sinistros por fauna salvaxe para poñer en marcha un plan de actuación na rede viaria provincial

A Xunta de Goberno deste venres acordou os derradeiros trámites para que a Deputación conclúa a semana próxima obras na Montaña, na Ulloa e en Lugo por un valor total de 1.554.440 euros, financiados ó 100% pola institución provincial. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, salientou que con estas actuacións, levadas a cabo na cidade lucense, Palas de Rei e Negueira de Muñiz, “seguimos investindo en obra pública para manter postos de traballo, dotando ós veciños de novos servizos e colaborando cos Concellos a quenes lles aforramos estes custes”.

Deste xeito, o voceiro deu conta da aprobación do Plan de Seguridade e Saúde no Traballo para a colocación do pavimento deportivo no módulo de atletismo da capital. Martínez salientou que esta é a derradeira actuación para concluír cos traballos nesta instalación deportiva para a que o organismo provincial achegou 1.235.440 euros. Isto supón, explicou o voceiro, que nos vindeiros días, estará lista, na zona lucense das Pedreiras, esta moderna infraestrutura de 2.000 metros cadrados, apta para realizar adestramentos e para competir, sendo a máis completa de Galicia. Contará, ademais, cun sistema de calefacción económica e mediamabiental sostible, conectado a unha calderia de biomasa.

Embarcadoiro en Negueira de Muñiz

A sesión tamén aprobou a modificación do material de construción do embarcadoiro de Negueira de Muñiz, concretamente, para a adaptación do terreo, substitúese o aluminio flotante de madeira por aluminio de polietileno de alta densidade. Martínez subliño que “este cambio solicitados polos técnicos permitiranos concluír estes traballos dotados de 110.000 euros. É dicir, nos vindeiros días a teremos lista esta infraestrutura que dará servizo ós veciños que atravesan o río a cotío, principamente, ós do núcleo do Fozo. Ademais, esta instalación, demanda polo veciños debido a vindeira posta en marcha dunha catamarán, contribuirá a impulsar o turismo náutico no encoro de Salime”.

O embarcadoiro, que se sitúa nas inmediacións da área recreativa da Virxe da Veiga, permitirá o amarre en condicións de seguridade de pequenas embarcacións tanto de recreo, é dicir, canoas ou piraguas, como de pesca e transporte. Consta de un módulo de aluminio flotante de 3 metros de ancho con laterais de 12 metros de longo. Será o sétimo pantalán que terá a Deputación en Lugo xunto ós dos Peares, Belesar pobo e Belesar presa, Os Robles, Portomarín e Doade.

Estrada de Palas ó cemiterio

A Xunta de Goberno acordou, ademais, a contratación de obras adicionais por valor de 29.000 euros na CP 4011 do Cemiterio a Tarrío, en Palas de Rei. O tamén Deputado de Xestión Territorial remarcou que “con este orzamento, concluímos os traballos de abastecemento de auga e mellora do firme deste vial, concretamente dende os puntos quilométricos 0,187 ó 0,637. Son, polo tanto, as derradeiras actuacións nesta estrada na que investimos, tendo en conta esta nova partida, un total de 209.000 euros do Plan Extraordinario de Obra Pública”. Isto supón que, nos vindeiros días, esta vía, que rexistra un gran número de usuarios ó ser o nexo de unión da localidade palense co cemiterio municipal, terá listas as seguintes actuacións: aglomerado en quente, incremento do ancho da calzada en 6 metros, pintado horizontal e vertical, beirarrúas, así como un acceso peonil que garante a seguridade dos viandantes.

Obras na Mariña

O Deputado informou sobre a contratación das obras de construción dun aparcadoiro na praia de Covas, en Viveiro, dotadas de 42.527 euros, procedentes do Plan Extraordinario e Obra Pública da institución provincial. A Xunta de Goberno acordou o Plan de Seguridade e Saúde no Traballo destas actuacións para inmediata execución destes traballos, explicou Martínez. Tamén en Viveiro, se deu conta do remate dos traballos de acondicionamento no contorno da Ponte de Verxeles, dotadas de 10.000 euros e procedentes dos remanentes do Plan Extraordinario de Obra Pública. Ademais, na Pontenova finalizaron as actuacións de saneamento no núcleo rural de Machuco, na parroquia de Bogo, dotados de 13.300 euros, dos que o organismo provincial achegou o 75% do total, é dicir 10.000 euros mediante o Plan de Comunidades Veciñais.

Sinistro por fauna salvaxe

O Deputado de Xestión Territorial avanzou que no mes de febreiro a Deputación presentará o estudo que a institución luguesa elaborou xunto á Universidade de Santiago de Compostela co fin de detectar os puntos negros na rede viaria provincial por sinistros debido á fauna salvaxe. Martínez salientou que, tendo en conta este documento, a institución luguesa porá en marcha un plan de actuación que poña freo a este tipo de accidentes, sendo a 1º administración en Galicia que toma cartas neste asunto.

Exit mobile version