Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación asegura que aforrou 66 mil euros ao Concello de Cervo coas obras do Plan de Comunidades Veciñais

Nota de prensa

A Deputación aforrou ó Concello de Cervo 66.000 euros coas obras municipais do Plan de Comunidades Veciñais para 2011

– A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, supervisou as actuacións que vén de finalizar o organismo provincial no municipio mariñano

– Son 6 obras demandas polos veciños, dotadas de 88.200 euros, para as que a institución achegou o máximo permitido segundo as bases desta iniciativa: o 75%

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, supervisou as actuacións do Plan de Comunidades Veciñas para 2011 que vén de finalizar a Deputación en Cervo. Trátanse de 6 obras dotadas de 88.200 euros, dos que o organismo provincial achegou 66.000 euros. Esta cantidade supón o 75% do total, que é a porcentaxe máxima que a institución luguesa pode outorgar ós colectivos beneficiados destas subvencións, tal e como recollen as bases que rexen deste proxecto. O orzamento restante foi asumido polas asociacións veciñais.

Lara Méndez salientou que “esta iniciativa cumpre a prioridade máxima na acción política deste Goberno provincial: a máxima cooperación e asistencia ós Concellos. Mediante este Plan, executamos pequenas obras de caracter municipal que, malia a demanda dos veciños, o Concello é incapaz de levar a cabo. Por este motivo, dende a Deputación asumimos a maior parte dos custes, aforrando cartos ó municipio cervense e priorizando a dotación de servizos esenciais ós cidadáns”.

As actuacións levadas a cabo foron as seguintes: pavimentación dos accesos ó campo de fútbol e ampliación das gradas; instalación de varandas protectoras nas beirarrúas da avenidas Galicia e da rúa da Igrexa; acondicionamento do camiño do monte veciñal da Costa; asfaltado do acceso ó cemiterio; reemisor TDT en Figuierido; e reparación dos servizos no Centro de Iniciativas Turísticas.

Exit mobile version