Site icon Crónica3.com A Mariña

A directiva do CD Burela FS censura a actitude dalgúns integrantes e directivos da peña A Pataca Naranxa

Nota de prensa

A xunta directiva do CD BURELA FS-PESCADOS RUBÉN, en relación aos feitos acaecidos no partido do pasado venres, quere pór de manifesto os seguintes extremos:

Primeiro.- Agradecemos aos afeccionados a súa presenza e ánimo ao equipo; o pavillón lucía de forma inmellorable coas máis de 1200 persoas que o ateigaban e que gozaron dun espectáculo que foi posteriormente emitido a través de Marca TV, froito do inmellorable traballo do presidente da LNFS, Sr. Lozano, e das xestións da Xunta Directiva do CD Burela FS. Cabe destacar que dos 16 pavillóns que forman a Segunda División, un dos cinco nos que esta tempada se emiten encontros a nivel internacional foi Vista Alegre, de Burela.

Segundo.- Censuramos do xeito máis enérxico a actuacion dun reducidísimo grupo de persoas que avergonzaron este Club, esta localidade e esta comarca, exhibindo unha pancarta a falta de tres minutos en contra dunha parte do equipo, cando se gañaba o partido, unha acción que desconcentrou a todo o persoal.

Terceiro.- A Xunta Directiva do CD Burela FS apoia de forma incondicional a peña A PATACA NARANXA, aínda que quere deixar claro que deplora a actitude duns poucos dos seus integrantes e dalgúns dos seus directivos, que perpetraron a bochornosa actuación desprestixiándose a si mesmos e non representando a ninguén.

Cuarto.- Esta Xunta Directiva non cre necesario ratificar o corpo técnico, xa que en ningún momento estivo cuestionado

Exit mobile version