A HUMILDADE DE ISAAC
Suso Fernández
Os eloxios á súa complexa personalidade son, en xeral, coincidentes; pero hai un concepto que, de xeito moi especial, todo o mundo lle atribue, mesmo aquelas persoas que tiveron con él unha mínima relación: o da súa proverbial humildade.
Este cronista, e coma él infinidade de galegos, poderían contar, e non parar,multitude de feitos e anécdotas que reflicten esa condición que expresaba de xeito expontáneo, con toda a naturalidade, porque era unha maneira de ser inherente á súa personalidade.
Antía Cal, ilustre pedagoga, orixinaria de Muras, recentemente galardonada co título de “Chairega de Honor”, que otorga o Instituto de Estudios Chairegos, que polo ano 60 fundou en Vigo o prestixoso Colexio Rosalía de Castro, emplazado na Gran Vía da cidade da Oliva, un foco de irradiación progresista das novas tendencias pedagógicas, casara co galeguista e reputado oftalmólogo Antón Beiras, falecido en 1968.
Hai uns anos a profesora publicou un fermosísimo libro autobiográfico, “Este camiño que fixemos xuntos”, que no capítulo que intitula “Memoria dalgúns amigos”, ao referirse a Isaac Díaz Pardo, dí: “ … a miña filla Bea, que daquela traballaba na Televisión de Galicia, contoume que un día dispuxeran na redación de ir facer unha entrevista a Isaac. Ela non o coñecía. Alá foron con todos os trebellos e, ao chegar ó Instituto Galego de Información, atoparon a un home con mandilón limpando non sei qué cousas, ao que tomaron por un empregado da limpeza. Preguntáronlle por Isaac Díaz Pardo e o home do mandilón contestoulles; “son eu!”.Así de humilde foi sempre. Traballador e xeneroso”.
Bea non coñecía a Isaac; pero é impensable que a xornalista acudise a entrevistalo sen previamente informarse mais ou menos exhaustivamente das características físicas e outras do personaxe. Pero ó atoparse ante persoa aparentemente tan insignificante a periodista nen á vista del o identificou… A sublime humildade que é patrimonio dos grandes homes.
Suso Fernández