Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña perdeu a Xefatura Territorial do Mar de Celeiro e dependerá de Medio Rural de Lugo

REFERENCIA
O DOG do 24 de xaneiro publica o DECRETO 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e do Fondo Galego de Garantía Agraria. No seu artigo 18 indica que a Consellería do Medio Rural e do Mar organízase nas xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e engade que na Coruña, Vigo e Celeiro existirá unha Xefatura de Coordinación da Área do Mar con nivel orgánico de servizo que, baixo a dependencia das xefaturas territoriais, coordinará as materias que sexan competencia da Secretaría Xeral do Mar.

Deste xeito a Mariña quédase sen a Xefatura Territorial de Pesca, que fora creada a principios dos anos 80. Agora os mariñeiros e empresas do mar terán que desprazarse a Lugo cando necesiten xestionar asuntos directamente co Xefe Territorial, que terá que saber tanto do mar como do medio rural. Paulatinamente a Mariña estase quedando sen servizos e os seus habitantes teñen que volver a desprazarse a Lugo como sucedía hai 40 anos. Menos mal que estamos mellorando…

Exit mobile version