Site icon Crónica3.com A Mariña

A peña Pataca Naranxa defende a súa postura ante as acusacións verquidas pola dirección do Burela FS

Pataca Naranxa
Ante as duras acusacións verquidas pola Dirección do Burela FS na nota de prensa do día 23 de xaneiro, a Xunta Directiva da peña A Pataca Naranxa, quere manifestar o seguinte:

Punto 1.- Non estamos en absoluto de acordo coas declaracións da
Dirección do Club, nas que se nos acusa de avergoñar ao noso club, ao pobo e a comarca, simplemente por amosar unha pancarta respetuosa e non ofensiva; o que sí nos parece ofensivo é que se nos intente culpar de propiciar o empate do equipo rival por medio do desconcerto na colocación de dita pancarta, como reza na nota emitida.
Cando os resultados non acompañan adoitan ser por outros motivos.

Punto 2.- A nosa única intención ao amosar a pancarta, foi a de manifestar o descontento da maioría dos socios da nosa peña e dun sector moi importante do resto dos aficionados, en canto a xestión técnica do equipo masculino, e chamar a atención sobre a pasibidade que amosa a Dirección do Club ante os problemas internos que hai no vestuario, por todos coñecidos xa a estas alturas, e antes de que sexa realmente tarde para tomar medidas.

Punto 3.- Os valores de humildade, sacrificio e loita contra as adversidades transmitidos polos socios á Peña dende que se fundou e o apoio constante da sua masa social, obrigan á sua directiva a ser esixente, tanto con ela mesma como con todos os estamentos do Club, e de igual maneira que nos implicamos para percorrer 2000 km. en tres días para alentar ao noso equipo, tamen nos implicamos para esixir responsabilidades a quen sexa, e pese a quen lle pese…. ainda que nos doia na alma.
Nós, so miramos polo interes do Club, o noso corazón é laranxa e sempre estaremos con el, ao menos hasta que nos boten.

A Directiva da Peña A Pataca Naranxa

Exit mobile version