Site icon Crónica3.com A Mariña

A presidenta da asociación A Sombriza de San Cibrao resume 6 anos de traxectoria ao fronte da entidade

Nota de prensa

Mañá, sábado 28.01.2012, ás 12.00 h, terá lugar unha asemblea da asociación cultural A Sombriza trala cal deixarei de presidir esta asociación, despois de preto de seis anos ao fronte dela.

Xúntovos un breve resumo de actividades:

Desde maio de 2006, data na que creamos esta asociación, levamos a cabo unha chea de actividades de toda clase: exposicións de pintura (Paula Duarte e Adri Pardo), concursos (fotos, carteis, Letras galegas…), paintball, día da árbore…

Colaboramos tamén en eventos anuais como o Carnaval, o Nadal, bailes de salón e o Encontro de Palilleiras, organizados polo Concello de Cervo.

Así mesmo, a través da FEXUGA, organizamos charlas informativas (asociacionismo, xuventude) e levamos a cabo, coa colaboración do Concello de Cervo, a plantación de árbores autóctonas no monte Escarabelada, en Sargadelos.

En todas e cada unha destas actividades puxemos toda a nosa ilusión, esforzo e dedicación. Así pois, deixo a presidencia da Sombriza satisfeita da nosa traxectoria e convencida de que fixemos as cousas ben.

Moitas grazas a todos os meus compañeiros da asociación A Sombriza por estar sempre aí. Moitas grazas a todas aquelas persoas que participaron nas nosas actividades, que son as que nos deron vida. Moitas grazas ás administracións que nos apoiaron economicamente. Moitas grazas aos medios de comunicación por darnos a coñecer e difundir as nosas novas.

Exit mobile version