Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Ledicia de Burela inicia as actividades de inverno con cursos de música, baile, pintura e decoración

Nota de prensa:

A Sociedade Cultural Ledicia, rematada a época de Nadal, retoma a súa actividade habitual tanto na escola de música e baile tradicional como nos distintos cursos que están en marcha, engadindo dúas novas ofertas para o tempo de lecer. Unha xa clásica na programación anual, como é o Curso de pintura ó óleo, que mantén os horarios habituais, os luns e mércores en dous turnos, de 4 a 6 ou de 6 a 8 da tarde. O custe será de 15 € para socios, e 25 € para non socios.

Por outra parte, ofertamos unha novidade: un curso de decoración floral no que ao longo de tres meses as persoas interesadas poderán aprender diversas técnicas para elaborar composicións florais.

Dado que é unha actividade de nova creación, antes de decidir un horario definitivo é preciso coñecer o número de persoas interesadas, pero as posibilidades son os martes de 7 a 9 da tarde, ou os mércores de 5 a 7 da tarde. O custe estará entre 20 e 25 euros, dependendo do n´º de participantes, e nel está incluído tamén o material. O prazo para inscribirse está aberto ate o 31 de xaneiro e o número de prazas é limitado.

Exit mobile version