Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Foz organiza a II Festa da gastronomía afrodisíaca en febreiro e a Festa do centolo en marzo

Nota de prensa

ACIA FOZ ORGANIZA A II FESTA DA GASTRONOMÍA AFRODISÍACA EN FEBREIRO E A FESTA DO CENTOLO EN MARZO. A DIRECTIVA ANALIZARÁ AS ACTIVIDADES DOS VINDEIROS MESES COA HOSTALERÍA NUN ENCONTRO PREVISTO PARA O VINDEIRO MARTES, 17 DE XANEIRO.

Foz, 13 de xaneiro de 2012. A directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz está a elaborar o calendario das actividades que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses. Nun encontro que tivo lugar esta mesma semana acordaron que en febreiro se celebrará a segunda festa da gastronomía afrodisíaca, “que tan boa acollida tivo o ano pasado”, segundo lembra o presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo. Esta cita terá lugar a fin de semana antes de San Valentín. En marzo chegará a festa do centolo e en abril durante a semana santa terá lugar unha nova edición da ruta das tapas. Paleo subliñou que “o que imos facer é potenciar as festas gastronómicas que teremos todos os meses con ofertas de fin de semana nos establecementos hostaleiros de Foz para que os visitantes aproveiten para coñecer a zona ademáis de disfrutar das propostas que lles imos facer”.

A Asociación de Comerciantes de Foz colaborará cos organizadores do antroido e levará adiante outras campañas coma a do día do pai. Ademáis unha vez que rematen os carnavais darán comezo os preparativos da II Festa Normada, prevista para finais de agosto, os días 24, 25 e 26.

De todos os asuntos programados para os vindeiros meses falará a directiva de ACISA coa hostalería focense nunha xuntanza que terá lugar o vindeiro 17 de xaneiro ás cinco da tarde na sala de reunións da cafetería Xoyma.

Exit mobile version