NOTA DE PRENSA
VIAXE A XANTAR DO DEPARTAMENTO DE HOSTELERÍA DO IES DE FOZ
Os alumnos/as do departamento de Hostelería do IES de Foz viaxan mañá, mércores 1, a Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo en Ourense.
Os asistentes poderán disfrutar do VII Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde e poderán participar nos diferentes obradoiros e catas que se celebran así como das conferencias e charlas impartidas por expertos do sector.
O programa para o primeiro día é o seguinte:
10.45 h.- Apertura.
11.00 h.- Conferencia inaugural: “Fortalezas e debilidades da nosa dieta: presente e futuro”.
Dr. Gregorio Varela Moreiras. Presidente da Fundación Española para a Nutrición.
12.00 h.- Obradoiro inaugural: “Cacao, Froitas, saúde e Gastronomía”.
Miguel Sierra, mestre reposteiro. Asturias.
13.00 h.- Obradoiro de pratos con produtos do C.R. Agricultura Ecolóxica de Galicia.
Flavio Morganti. Chef de Casa Galileo – Dous Soles Repsol.
13.15 h.- Cata de Aceites ofrecida polo C.R. Sierra Mágina (Xaén).
14.00 h.- Cata de Viños Brancos de Galicia Calidade.
17.00 h.- Obradoiro de Cociña con produtos de Galicia Calidade.
Iago Pazos e Marcos Cerqueiro. Abastos 2.0, Espazo Gastronómico en Santiago de Compostela
18.00 h.- Obradoiro de Cociña: O Grelo.
Domingo González, presidente da Asociación Cociñeiros Promotores da Cociña Galega, e Jose Luis Dadín, presidente da I.X.P. Grelo de Galicia.
19.00 h.- Obradoiro de Novas Tecnoloxías aplicadas á repostería: presentación do último modelo de forno Rational.
Organiza: Rosareiro.
20.30 h.- Cata comentada de Viños do C.R.D.O. Monterrei.
21.00 h.- Cata- degustación de viños e produtos das Azores.
21.30 h.- Fin da sesión.