Site icon Crónica3.com A Mariña

“Amarante” convida a participar do “Ribadeo solidario” coas actividades organizadas para o 5 de xaneiro

Nota de prensa:

Desde Amarante Ribadeo invitámosvos a participar do “Ribadeo Solidario”, un encontro que busca ser un espazo de sensibilización e cooperación local organizado polos grupos musicais locais coa colaboración do Mini Bar e o concello de Ribadeo.

Ribadeo Solidario quere ser un chamamento ao conxunto da veciñanza a participar na construcción dun novo xeito de entender a solidariedade baixo un ideal de xustiza e seguindo a máxima “pensa globalmente, actúa localmente”.

A rolda de prensa foi convocada no local xuvenil da escola de Vilaselán, por ser este un lugar emblemático para moitos dos músicos que promoven esta iniciativa.
Poñendo en valor un espazo que funciona como centro social para compartir inquedanzas culturais da xuventude ribadense.

As datas e os contidos para as xornadas son as seguintes:

“Ribadeo Solidario” celebrarase os días xoves 5 e sábado 7 de xaneiro.

O xoves 5 de xaneiro na praza do Cantón a partires das 18:00 horas contaremos cun espazo solidario no que poderemos atopar:

– Mercadiño de troco. Neste mercadiño poderán participar todas aquelas persoas que o desexen tanto adultos como pícaros levando algunha pertenza que estando en bo estado de conservación ou funcionamento, xa non lle sexa de utiilidade e trocandoa por outra que si cumpre estes requisitos.
O obxectivo que se pretende con esta práctica é o de reparar no valor das cousas e non no seu precio, amosando ademais o camiño de volta a un modelo máis racional e que pon no centro as relacións persoais en contraposición cas habituais prácticas consumistas.

– Stand Sindicato Labrego Galego.
– Participación da comunidade extranxeira en Ribadeo.
– Stand de comercio xusto e responsable.

Neste espazo tamén se recollerán donativos para o concerto solidario.

Ás 22:30 no Mini – bar, como eixo destas xornadas, terá lugar un concerto solidario adicado exclusivamente á cooperación.
Ás entradas fixaranse nun precio simbólico de 5€ e os cartos da recadación estarán integramente adicados á compra de produtos de primeira necesidade para a axuda á infancia no concello de Ribadeo.
As formacións dos grupos que actuarán estarán compostas por músicos que normalmente non actuan xuntos o cal lle da a este concerto un valor moi especial, ademais do motivo solidario.

Remataremos estas xornadas cunha charla-debate, “Vivir na rúa”. Será o sábado día 7 de xaneiro ás 20:00 no Cine teatro. Pretende ser un espazo de reflexión e visibilización da situación na que cada vez máis persoas se atopan: a vida na rúa. Para elo contaremos coa participación de dúas persoas pertencentes ao grupo de inclusión social activa “Boa Vida” de Pontevedra.

As persoas organizadoras de este evento queren agradecer a implicación de todas as persoas que participan dun xeito ou outro neste proxecto, moi especialmente a todos aqueles que fixeron unha aportación en materia de cooperación de xeito desinteresado e anónimo.

Exit mobile version