Site icon Crónica3.com A Mariña

Arón Fraga e Andrés Míguez do Burela FS, na preparación da selección galega Sub-19

Nota de prensa


ARÓN FRAGA E ANDRÉS MÍGUEZ, NA PREPARACIÓN DA SELECCIÓN GALEGA SUB-19

Os xuvenís laranxas Aarón Fraga e Andrés Míguez comezarán a preparación de Galicia Sub-19 para a fase final do Campionato de Seleccións Territoriais o vindeiro luns (pavillón compostelán de Roxos, 18.45 horas).

Xunto aos xogadores do Burela FS tamén participarán Gonzalo Alonso, David Pazos e Mario García, do Autos Lobelle FS; Alejandro Diz, Adrián González e Diego Núñez, do Azkar Lugo; Andrés Pinilla, do IES Coruxo; Mauro Álvarez, do ADFS Bueu; Miguel Louzao, do Cidade de Viveiro; Gustavo Sepa e Iván Costa, do Cidade de Ourense; e Javier Mosteiro, do Melide FS.

O título de campión decidirase en Logroño no mes de marzo, coincidindo coa Copa de España de Fútbol Sala (8-11 de marzo). O combinado irmandiño, que conseguiu o billete na eliminatoria anterior no País Vasco ante o anfitrión, Asturias e Aragón, deberá medirse na gran cita a Madrid e Murcia, no Grupo B; o A estará composto por Andalucía, Melilla e Valencia.

Exit mobile version