Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o BNG de Alfoz que as mentiras e contradicións deixan en evidencia o PP diante dos veciños

Nota de prensa

AS MENTIRAS E CONTRADICIONS DEIXAN EN EVIDENCIA O PP DIANTE DOS VECIÑOS.

Onte celebrouse o pleno máis concurrido en alfoz da última decada “dende o bng de alfoz parécenos lamentable a actitude do pp de aAlfoz, nunha continua contradición.
Defenden unha postura contraria ó seu partido na xunta de galicia, quizaiz máis ben nin saben o que promulga o seu partido na Xunta de Galicia.
Parécenos moi triste que defendan un postura sinxelamente por non desprenderse do sillón, e sin pensar no interés xeral, verdadeiramente lamentable foi a actuación teatral de peinó que tras decir publicamente que quería a unificación dos concellos votou en contra dela, e incluso tras decirlle eu mesmo que estaba a retirar o acordo da moción presentada e aprobar o acordo que el quixera, tamén dixo que votaba en contra, e finalmente trala miña reiterada insistencia en que sinxelamente o acordo da moción fose solicitarlle a Xunta de Galicia e a diputación un estudio sobre a viabilidade da proposta tamén se negou a votar a favor dese acordo,  o concelleiro peino mostrou unha actuación teatral verdadeiramente nefasta e bochornosa, mentiulle os veciños que representa e mostrou unha falta total de compromiso con eles. podemos decir que peinó sacou a súa verdadeira careta.”
“Emilio Lousas recoñeceu que a fusión tarde ou cedo vira immposta, e dende o bng queremos adiantarnos a iso.
Dende o bng queremos que se realice un estudo que avale a fusión a maiores dos moitos que xa hai realizados polas universidades galegas, institucións de todo tipo e estudos independentes de diversos economistas, igualmente queremos que se realice un referendo para saber a opinión dos veciños, pero onte dende o pp deixarón moi claro que non lles interesa ningunha medida dirixida nin enfocada o proceso de unificación.”
“O pp non foi capaz de dar un só argumento sólido en contra da unificación nin tampouco un só a favor da mancomunidade.”

“No bng, aquí, somos persoas que imos a continuar loitando por que o val do ouro teña o mellor futuro posible,  a pesar dos egoístas intereses desta xente do pp de Alfoz.”

Exit mobile version