Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo di que a conselleira de Traballo “comprometeuse a estudar detidamente e con lupa” o recurso dos traballadores de Muebles Hermida

Nota de prensa

O PP mindoniense agradece a boa dispoñibilidade mostrada pola Conselleira de Traballo durante a reunión mantida hoxe con traballadores de Hermida

· Beatriz Mato comprometeuse a estudar detidamente e con “lupa” o recurso presentado polos traballadores de Muebles Hermida

Mondoñedo, 23 de xaneiro de 2012.- O Partido Popular de Mondoñedo quere agradecer a boa dispoñibilidade demostrada hoxe pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que se reuniu con traballadores de Mobles Hermida.

A conselleira comprometeuse a estudar detidamente e con “lupa” o recurso presentado por algúns dos traballadores afectados polo ERE de Muebles Hermida e que están desconformes co Expediente de Regulación de Emprego. Así mesmo, Beatriz Mato manifestou ser consciente dos problemas laborais que sufre a Mariña

Exit mobile version