Site icon Crónica3.com A Mariña

Asociacións de Mondoñedo convocan unha concentración na Praza do Concello polo peche de ECAR

Nota de prensa

As asociacións mindonieneses convocan unha concentración para o vindeiro martes

O Conselleiro de Industria anunciou que visitará Mondoñedo o vindeiro martes, 17 de xaneiro para reunirse co comité de empresa de ECAR e con respresentantes municipais, con tal motivo a practica totalidade de asociacións de Mondoñedo convocaron unha concentración na Praza do Concello ás seis da tarde para facerlle ver á Xunta que Mondoñedo está unido e que quere solucións.

Parece ser que as cabezas pensantes de FINSA escolleron o día 1 de Marzo para PECHAR DEFINITIVAMENTE a factoría ECAR que a compañía ten en MONDOÑEDO, precisamente o primeiro de marzo, DÍA DE SAN ROSENDO, PATRÓN DE MONDOÑEDO.
San Rosendo está sen mans, o tempo coa erosión foillas comendo, pero en Mondoñedo hai moitas mans, moitas gorxas e, sobre todo moitos corazóns que DEBERÁN ESTAR PRESENTES O VINDEIRO MARTES, 17 DE XANEIRO ás SEIS DA TARDE DIANTE DA CASA DO CONCELLO para facerlle ver ao CONSELLEIRO DE INDUSTRIA que MONDOÑEDO ESTÁ UNIDO e que hai que buscar alternativas para que A XENTE NON SE QUEDE SEN TRABALLO.
A estas alturas da película xa sabemos cales van ser as escusas: NON HAI DIÑEIRO, NON PODEMOS FACER NADA, ESTAMOS ENDEBEDADOS…, e imos quedarnos con esas?. Esta semana aínda “enchufaron” 500.000 euros para a Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda. Que non nos conten contos. MONDOÑEDO ESIXE SOLUCIÓNS.

Exit mobile version