Site icon Crónica3.com A Mariña

Atletas do C.D. Egovarros-Viveiro acadaron 28 metais no Campionato Galego de Pista Cuberta de veteráns

Nota de prensa

OS ATLETAS DO C.D.EGOVARROS-VIVEIRO ACADAN 28 METAIS NO CAMPEONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA DE VETERÁNS

O pasado sábado disputouse na Coruña en xornada de mañá e tarde o Campeonato Galego de Pista Cuberta de Veteráns, coa participación de todos os clubes de Galicia, onde o clube vivariense volveu unha vez máis a ser o máis laureado neste evento, acadando 15 medallas de ouro, 11 de prata e 2 de bronce e batindo dous records Galegos a cargo dos atletas Antonio Cabana M-70 na proba dos 400 metros e Enrique Rio M-75 nos 50 metros.

No apartado feminino as atletas que acadaron metais foron: Francisca Romasanta en W-60 ouro en 400 metros, prata en 800 metros e bronce en 50 metros; Isabel Brea W-60, ouro en 800 metros e ouro en 1500 metros; Begoña De Arriba W-55, ouro en 1500 metros e prata en lanzamento de peso; Manuela Guisasola W-50, ouro en 400 metros, prata en 200 metros e prata en 50 metros.

No apartado masculino: Enrique Río M-75, ouro en 400, 800 e 50 metros; Antonio Cabana M-70, ouro en 400, 800 e 3000 metros; Antonio Hernandez M-65, ouro en 400, 800 e 3000 metros; Carlos Román Rey M-65, prata en 800 metros; Francisco Barrientos M-55, ouro en 200, prata en 50 e 400 metros; Anxo Vigo M-55, prata en peso e bronce en salto de lonxitude; Emilio Toral M-55, prata en 200 metros, Aziz Zirani M-40, prata en 400 metros; Benigno Varela M-40, prata en lanzamento de peso.

A próxima competición na que participarán os atletas do clube vivariense será o vindeiro domingo día 22 no Campeonato Galego de Cross de Veteráns a celebrar na Pobra do Caramiñal

Exit mobile version