Nota de prensa:
OS ATLETAS DO C.D.EGOVARROS-VIVEIRO ACADAN 6 MEDALLAS NO CAMPEONATO GALEGO DE CROSS DE VETERÁNS
A proba celebrouse nun día frío e nun circuíto mixto de monte e area, onde os atletas do clube vivariense volveron a estar ó máximo nivel do atletismo galego de veteráns, acadando 6 medallas; 3 Ouros e 3 Pratas.
No apartado masculino en M-65 Antonio Hernandez foi medalla de ouro,
en M-70 Antonio Cabana obtivo a medalla de ouro e en M-75 Enrique Río medalla de ouro.
No apartado femenino en W-50 Manuela Guisasola foi medalla de prata, en w-55 Begoña De Arriba, medalla de prata e en W-60 Francisca Romasanta obtivo tamén medalla de prata.
Outro atleta moi destacado foi Victor Sande na categoría M-45 onde andivo toda a carreira nos tres primeiros postos, perdendo o terceiro posto mismo na línea de meta, dándolle os xuíces o mesmo tempo que o terceiro clasificado.
Os atletas do clube vivariense seguirán adestrando pensando xa nos próximos eventos como son o Campeonato de España de Cross a celebrar o 4 de marzo en Xixón e o Campeonato de España de Pista Cuberta a celebrar o 9/10/11 de marzo en Zaragoza.