Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros celebrará o día de Reis con visitas ao Nacemento vivente e un concerto musical

Nota de prensa:

OS MAGOS DE ORIENTE VISITARÁN EN BARREIROS O NACEMENTO VIVIENTE DO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO.

Barreiros, 2 de xaneiro de 2012. Todo está listo en Barreiros para recibir aos Reis Magos o vindeiro 5 de xaneiro. As súas maxestades percorrerán as principais rúas de San Cosme a partires das 19:30 horas e “unha hora despois achegaránse ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro onde está o nacemento vivente e alí adorarán ao neno”, segundo explicou hoxe a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez. No propio centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro recibirán a todos os nenos do concello que queiran achegarse a saudalos e a recibir os agasallos que lles van entregar.

Concerto de Reis

Por outra banda, o 6 de xaneiro a partires das 20 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro terá lugar o tradicional concerto de Reis. Nesta ocasión participarán a Coral Terra Mar de San Ciprián, o Coro Stella Maris de Nigrán e a Coral Polifónica de Barreiros.

Adela Rodríguez sinalou que “o 7 de xaneiro, o sábado, ás 19 horas tamén no centro sociocultural teremos a presentación do libro de Irene Piñeiro titulado Vicencias desde a discapacidade. Agarda que acuda moita xente a este acto que protagoniza unha veciña de Barreiros, que escribiu con moito esforzo este libro”.

Exit mobile version