Site icon Crónica3.com A Mariña

CC.OO é a primeira forza sindical na Mariña con 36 delegados máis que UGT e 45 máis que a CIG

Nota de prensa

CCOO convértese na primeira forza sindical na comarca de A Mariña
12-01-2012.- A Unión Comarcal de A Mariña é actualmente a primeira forza sindical no ámbito da comarca de A Mariña. Con datos do pasado día 30 de decembro, CCOO conta con 36 delegados e delegadas máis que UGT e 45 máis que a CIG.

Dende CCOO salientan o traballo realizado nos últimos catro anos, pois o sindicato pasou de ser a terceira forza no ámbito da Comarca de A Mariña en 2007 a contar agora co apoio maioritario das traballadoras e dos traballadores. Pasando a ter 130 delegados e delegadas (37.04%) por 94 que ten a UGT ( 26.78 %) e 85 que ten a CIG (24.22 %).
Por sectores comisións obreiras gaña ás eleccións no sector agroalimentario, en transporte, en administración local, e no sector da construcción.
Para a executiva da Unión Comarcal, isto é unha «mostra de confianza ao labor realizado polos compañeiros e compañeiras  de comisións obreiras de A Mariña».

Exit mobile version