Site icon Crónica3.com A Mariña

Cea da Peña Deportivista de Burela

A Peña Deportivista de Burela celebrará unha cea de Presentación Oficial da peña o vindeiro xoves, día 26, no restaurante O Sargo de Burela. A hora de celebración serán as 20:30, e poderán asistir todas aquelas persoas que o desexen, tanto socios coma non socios. A cea será gratuita para tódolos socios e socias, e de 20€ para os non socios. O acto acudirán xogadores da plantilla do Real Club Deportivo, así como membros da directiva e da Federación de Peñas do club. A data límite para apuntarse para a cea será o mércores até ás 14:00hs, e poderán facelo no propio restaurante, no facebook da Peña Deportivista de Burela.

Exit mobile version