Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo defende a presenza do concello en FITUR como un dos escaparates máis importantes do mundo

Nota de prensa

Cualifica a cita como o mellor escaparate para divulgar os recursos turísticos do concello e agradece á Mancomunidade da Mariña e á Xunta -a través de Turgalicia- que colaboraran para facer posible a participación de Cervo

ÁLVAREZ DEFENDE A PRESENZA DE CERVO EN FITUR “UNHA DAS FEIRAS DE TURISMO MÁIS IMPORTANTES DO MUNDO” EN LEMBRA AO PSOE O DESPILFARRO QUE SUPOÑÍA A NOSA PARTICIPACIÓN COS ANTERIORES GOBERNOS SOCIALISTAS

Non comprende como o PSOE agora critica a presenza do Concello en Fitur cando no pasado o Goberno socialista non escatimaba en gastos: stand propio, traslado dun camión e operarios municipais, estancias do alcalde e edis do goberno… todo con cargo ás arcas municipais.

Cervo, 21 de xaneiro de 2012.- A concelleira do Grupo de Goberno Municipal de Cervo, Pilar Álvarez, defendeu hoxe a presenza do Concello na Feira Internacional de Turismo (FIITUR) xa que, a pesares da crise, segue a ser un dos escaparates máis importantes do mundo para divulgar os recursos turísticos do concello.

A edil popular lembra que nela non só se está en contacto cos particulares que visitan a feira senón e, sobre todo, se dan cita os turoperadores e empresas privadas encargadas de crear os programas de turismo que se desenvolverán ao longo do vindeiro ano. O feito de que Cervo poida estar presente alí permite facer visible a oferta dun concello que ten infinidade de razóns culturais, ambientais, paisaxísticas e turísticas dignas de promoción e con capacidade suficiente para atraer turistas ao longo de todo o ano.

Pilar Álvarez quixo agradecer a institucións como a Mancomunidade de municipios da Mariña lucense ou a propia Xunta -a través de Turgalicia- que coa súa colaboración fixeron posible a presenza de Cervo dentro do pavillón de Galicia. A edil popular non comprende como o PSOE agora critica ou dubida do positivo da presenza do noso concello en Fitur cando eles tamén estaban alí cada ano, mentres gobernaron Cervo. Sinala ademais que daquela o Goberno socialista cometía un auténtico despilfarro xa que o propio Concello trasladaba días antes da feira un camión para a instalación -previo pago- dun stand independente como si fósemos unha gran cidade, trasladaba persoal municipal, co custe correspondente, e asumía a estancia do alcalde e varios membros do equipo de goberno, todo con cargo ás arcas municipais. Un custe moito maior para ter similares resultados.

Exit mobile version