Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo organiza a V Liga Local de Tute e Parchís para conmemorar o Día da Muller Traballadora

Nota de prensa

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

LIGA LOCAL DE TUTE E PARCHIS

• A Concelleira de Igualdade do Concello de Cervo promove a 5ª liga local de tute e parchís.
• As interesadas teñen de prazo ata o 30 de Xaneiro para formalizar a súa inscrición.

Cervo, 11 de xaneiro de 2012.- A delegada de Igualdade, Pilar Álvarez anunciou hoxe que o Concello de Cervo ten a intención de levar adiante a 5ª Liga Local de Tute e Parchís, coa axuda e colaboración das distintas asociacións do propio concello.
Pilar Álvarez salientou que esta liga encádrase dentro das actividades que se organizan para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora, e que a idea xurdiu das propias participantes en anos anteriores.
A competición terá lugar nos distintos centros sociais do Concello, de onde sairán as parellas gañadoras que posteriormente xogarán a final no Ecomuseo en Cervo e na Casa da Cultura en San Ciprián.

Para formalizar as inscricións as interesadas poden facelo na Casa da Cultura en San Ciprián, na Casa do Concello en Cervo ou nas dependencias das distintas asociacións de mulleres e rurais do Concello ata o 30 de Xaneiro.

Exit mobile version