Site icon Crónica3.com A Mariña

Co cambio de ano o CD Burela FS Pescados Rubén ofrece a posibilidade de adquirir abonos de media tempada

Nota de prensa

XA ESTÁN DISPOÑIBLES OS ABONOS DE MEDIA TEMPADA

Co cambio de ano o CD Burela FS Pescados Rubén ofrece a posibilidade de adquirir abonos de media tempada para a Primeira División Feminina e a Segunda Masculina, que estarán dispoñibles dende hoxe mesmo.

Nas tarifas especiais, o Abono 25, destinado a persoas entre os 18 e os 25 anos, será de 20 euros, e o Abono de Xubilado de 30. No que respecta ás tarifas convencionais, o Abono Simple será de 38 euros e o Abono Dúo de 63, coa posibilidade de acceder ao pack desconto de 2 carnés, sen a necesidade de existir vínculos familiares entre os socios/as. Os menores de 18 anos terán acceso totalmente gratuíto.

En www.burelafs.org, teñen á súa disposición o formulario de socios/as 2011-12, que poderán cubrir e enviar por correo electrónico (burelafs@burelafs.org), sen saír do seu domicilio. Horario de atención na sede social: De luns a venres, 10.00-14.00 // 16.00-19.00 horas.

Promocións especiais. O Hotel Nordés de Burela bríndalles aos socios laranxas 2011-12 un suculento desconto do 50% en ceas, de domingo a mércores (consulta de bases en www.hotelnordes.com), no seu servizo de restaurante presentando tan só o carné burelista.

Exit mobile version