Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza en Ribadeo a liga norte mariña lucense de Optimis e Vaurien cuns 25 participantes

Nota de prensa

O DOMINGO, 29 DE XANEIRO, COMEZA EN RIBADEO A LIGA NORTE MARIÑA LUCENSE DE OPTIMIS E VAURIEN. ARREDOR DE 25 NENOS CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 7 E OS 13 ANOS SE DARÁN CITA NESTA REGATA.


Ribadeo, 27 de enero de 2012. A ría de Ribadeo será escenario o vindeiro domingo, 29 de xaneiro, da primeira regata da Liga Norte Mariña Lucense de optimis e vaurien na que se darán cita máis dunha veintena de nenos procedentes de Burela, Foz e Ribadeo. Foron os clubes náuticos da zona os que decidiron hai unhas semanas organizar esta competición para potenciar a vela entre os rapaces de 7 a 13 anos.

Modesto Peña, vicepresidente do CNR, vocal da Federación Galega de Vela e regatista, explicou que “o ano pasado participamos cos rapaces da nosa Escola de Vela en Foz nunha regata, alí estaban Foz, Burela e Ribadeo. Quedamos en xuntarnos despois do verán e facer unha liga na provincia de Lugo para potenciar a vela, que está muy abandonada. Temos que tirar un pouco do carro os que levamos as escolas da zona. Falando coa Federación Galega de Vela, cando se reuniu en Ribadeo, quedaron en darnos o seu apoio. E a partires de aí preparamos o calendario de regatas coa idea de facer unha cada mes”.

A Escola de Vela de Ribadeo conta con 12 nenos durante todo o ano, “e a idea é que vaia arrancando esta liga cos rapaces que temos”, dixo Peña.

A regata do vindeiro domingo en Ribadeo dará comezo ás 11 da mañá. Modesto Peña indicou que “os horarios acomódanse un pouco aos nenos. Queremos iniciala a esa hora para acabar entorno ás dúas tarde, que pinchen algo os nenos e que despois cheguen a unha hora prudente á casa. En Viveiro están empezando coa súa escola de vela, pero participarán Foz, Burela e Ribadeo. En total agardamos reunir a uns 20 ou 25 nenos”.

O obxectivo do Club Náutico de Ribadeo é potenciar a vela. Peña lembrou que “hai moitos anos cando estaba no remo en Castropol viñen ver aquí unha regata na que participou xente de toda a costa, pero co paso do tempo esto fóise perdendo e agora hai que intentar levantalo. Os pais e familiares dos nenos acudirán, sempre e cando estea bó día, pero si facemos atractivas estas probas virán máis”.

Nesta Liga Norte Mariña Lucense os participantes irán sumando puntos ao longo das sete regatas que se van celebrar e ao final recibirán os trofeos correspondentes. As probas desenvolveránse o 29 de xaneiro en Ribadeo, o 26 de febreiro en Foz, o 25 de marzo en Burela, o 15 de abril en Foz, o 6 de maio en Ribadeo, o 2 ou 3 de xuño en Burela e o 14 de xullo e Foz.

Exit mobile version