Nota de prensa
“II Aberto da Galiña de Mos” de Billarda
A participación superou o medio cento de palanadores que se deron cita no antiguo campo de futebol e disfrutaron d’unha tarde na que as mulleres foron protagonistas e acadaron o 1º e 2º posto no aberto.
Prevendo as dificultades que ó propio xogo engade o terreo de herba, moitos dos palanadores iban pertrechados con distintos artiluxios que fixeran mais doado o acomodo da billarda no chan para facilitar o golpexo da mesma, e así poidemos ver por toda a pista, dende pequenos garabullos ata verdadeiras plataformas de lanzamento (algunha voz comentada a improcedencia desta axuda, pero como nada di o regulamento ó respecto, cada quen fai o que mellor lle cadra). Como se soe decir: Todo farelo! Nin soportes nin farrapos de gaita!
Chegou Reyes ca súa billarda chalupa, ca proa sempre ollando cara o ceo e puxo a cada quén no seu posto, gañou a tódolos rivais que o sorteo lle deparou e fíxose co 1º postp e ca galiña de Mos. Non é casualidade que dende o comezo estea no cumio da táboa de clasificación e por si alguén tiña dúbida, confirmou con esta victoria que o seu triunfo no Aberto de Flores non foi porque soara a frauta senón porque amosa sempre un xogo moi seguro e regular que fai desta palanadora de “Os Outros” unha firme candidata o título da conferencia NorLeste que lle serviría para completar o de Campiona Nacional que posue na actualidade.
Para completar a xornada outra dona: Bea de “Os Remourelle Bulls” conseguiu o 2º posto. Tampouco lle fixo falla soporte ningún, cun pequeño paucín de toxo algo curvado que usa como billarda (mais semellante a un garabullo polo delgadiño e lixeiro), foi quen de deixar na cuneta a Regueiro na loita polo 2º posto.
Os homes desta volta víronse amplamente superados non en número pero si en resultados e tiveron que conformarse ca 3ª plaza.
E como non hai dúas sin tres, o día seguinte en Perillo e correspondente a conferencia Noroeste, foi Geny (excampeona nacional, de “Os Outros”) quen redondeou a faena gañandoñe na final a Lois Camiña por un rotundo 2 a 0.
Daquela compañeiros, so resta entrenar e prepararse para tomar cumprida venganza o 4 de febreiro en Meira no III Torneo do Lacón. Palanadoreeeesss! Atadevos os machos que nos papaaann!
Na clasificación por equipos, Os Outros amplian a súa ventaxe sobre os Billardeiros Musicais e Bateas alcanzan a Remourelle Bulls na 3º praza.
E individuais de novo Reyes desbanca a Markytos no primeiro posto e Daniel sube o terceiro seguido de Eric e Guille.
En varados sigue igual, Guille 6, Eric 5, Charli 4, Markytos 3.