O Concello de Cervo informa aos veciños e usuarios da rúa Xosé Álvarez de Cervo, que esta permanecerá cortada ao tráfico dende o cruce coa rúa da Igrexa e ata a Praza do Souto, por mor da realización de obras da rede de saneamento. Non obstante está habilitado un recorrido alternativo por a rúa da Igrexa, pasando pola Feira e As Lobeiras. Agardamos que a circulación quede restablecida a partires da mañá do vindeiro xoves día 19 de xaneiro. Rogamos desculpen as molestias que se lles poda ocasionar. Grazas.