Site icon Crónica3.com A Mariña

Delegados e delegadas da CIG concéntranse en Foz contra as medidas económicas do goberno do estado

Delegados e delegadas sindicais da CIG concéntranse en Foz contra as medidas económicas do goberno
Nota de prensa

ASUNTO: COCENTRACIÓN CIG EN CONTRA DAS MEDIDAS ECONOMICAS DO PP
LUGAR: DIANTE DA DELEGACIÓN DE FACENDA. FOZ
DATA: XOVES 12 XANEIRO ÁS 12:00h.

Mañá XOVES 12 DE XANEIRO ás 12:00h. a Confederación Intersindical Galega convoca unha CONCENTRACIÓN DE DELEGADOS E DELEGADAS EN PROTESTA POLAS MEDIDAS ECONÓMICAS QUE ESTÁ A TOMAR O NOVO GOBERNO DO PARTIDO POPULAR, que terá lugar diante da delegación de facenda en Foz.

Desde a CIG consideramos que con estas medidas incrementanse os impostos á clase traballadora e ás clases medias mentres que seguen sen adoptarse medidas dirixidas a incrementar os impostos ás grandes fortunas, ás SICAV ou a combater a fraude fiscal que existe no estado español, por parte das grandes empresas e a banca, que son os verdadeiros responsábeis da crise. Consideramos tamén que grande parte do déficit público -que é o que se está utilizando para xustificar os recortes do gasto público- vén provocado precisamente por políticas fiscais desta natureza.

Ao mesmo tempo criticamos tamén a demagoxia da suba das pensións, posto que ese 1% de suba vai afectar exclusivamente ás pensioóns máis baixas, as que non estan suxeitas a retención do IRPF, pois o resto coa suba de tributación van a perder poder adquisitivo.

Por outra parte tamén aproveitamos para criticar a politica económica e laboral do goberno da Xunta de Núñez Faijoo, na cal os datos de desemprego son por si sós suficientes para descalificar ditas politicas.

Exit mobile version