DO ROMÁNICO
O seu traballo consiste, básicamente, en fotografiar, describir e levantar estudos planimétricos dos monumentos definidos como románicos, e considérase que será a obra mais completa sobre este estilo arquitectónico en Galicia. Servirá ademais para desbotar dalgúns monumentos, elementos de filiación discutible e incorporar outros nos que a influencia románica pasou desapercibida.
Trátase polo tanto dunha actuación importante co fin de esclarecer a verdade do interese histórico e artístico dos diversos monumentos que se espallan neste caso pola nosa terra e contar cun directorio fidedigno, unha vez depurada a autenticidade do estilo dos elementos arquitectónicos e decorativos, e polo tanto tamén a fixación da época á que pertencen.
“Galicia ocupa un lugar privilexiado dentro do románico español, non en van a basílica de San Martiño está considerada a catedral mais antiga de España que se mantén en pe” según declaracións de Jaime Nuño, Director do Centro de Estudos do Románico.
Pese a todo hai lugar para a sorpresa e sobre todo moito que facer de promoción turística, prácticamente deixada de lado.. “El patrimonio hay que conocerlo para respetarlo, defenderlo y conservarlo”. (Dr. A. García Amedes, prestixioso estudoso da Arte.)´.
Sen dúbida esta revisión que realizan os expertos terá a desexada incidencia correctora das escandalosas agresións cometidas contra algunha xoia románica ubicada no noso entorno mais próximo, no seu día consumada, e defendida, pola barbarie oficial.
Suso Fernández