Site icon Crónica3.com A Mariña

Forte pulso entre Salomé Rodríguez, Daniel López e Isaias Rodríguez en sub 16 na liga de bolos de Xove

Nota de prensa

XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 –  IIIª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2011/2012)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

INCIDENCIAS DA 11ª  TIRADA

(CLUB DE PALMEIRO – Sábado, 21 xaneiro de 2011)

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CLUB PALMEIRO   (21 XANEIRO 2012  ) 30  INSCRITOS:  16   NA LIGA SENIOR,     7 NA LIGA SUB 16  E     7  NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 231 12
SEGUNDO ARTURO VIGO CASABELLA 230 10
TERCEIRO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 226 8
CUARTO OMAR CABRERA MACÍAS 226 7
QUINTO FÉLIX MÉNDEZ GALDO 224 6
SEXTO JOSÉ  MANUEL COCIÑA RIVERA 213 5
SÉTIMO CÉSAR CANCELO LÓPEZ 209 4
OITAVO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 207 3
NOVENO LUIS RANCAÑO BOUSO 201 2
DÉCIMO JORDI MEITÍN SERANTES 193 1
MELLOR BOLADA FÉLIX MÉNDEZ GALDO 94 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 141 6
SEGUNDO SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 114 4
TERCEIRO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 112 3
CUARTO GONZALO FERNÁNDEZ SILVA 94 2
QUINTO CRISTOBAL RIVAS CAMPO 84 1
MELLOR BOLADA ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 59 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO DOLORES BAÑO FRAGA 111 6
SEGUNDO BELÉN MEITÍN ROUCO 110 4
TERCEIRO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 98 3
CUARTO MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ 96 2
QUINTO CARMEN ROCA CORRAL 81 1
MELLOR BOLADA CARMEN ROCA CORRAL 56 1

-Tarde moi agradable e campo en perfectas condicións. 30  inscritos, 16 na Liga Senior e 7 na Liga Feminina e 5 na Liga Sub 16.

Liga Senior Masculina.- Victoria de José Rafael, iso sí, moi apretada con respecto aos seguintes clasificados, dado que dos dez primeiros, nove pasaron dos douscentos tantos. Os tanteos foron moi altos porque, ademáis de tratarse dun campo liso e duro (asfalto), estreamos madeira nova (bolas e bolos), e tanto os bolos como as bolas corrían moi ben.  A victoria de Rafa permítelle reducir distancias co segundo clasificado, e con 54 puntos só está a dous puntos de Francisco Pérez (56 puntos). Líder, unha semana máis, e ampliando a súa vantaxe, Arturo Vigo, quen a falla de 7 tirada e con 91 puntos, 35 máis que o seu inmediato perseguidor, vai disparado cara o seu undécimo título. Por detrais, César Cancelos e Omar Cabrera con 42 puntos, Sócrates Campo con 42 e Luis Rancaño con 41 manteñen as súas opcións de optar aos postos de cabeza (segundo ou terceiro posto), dahí que se presente un tramo final do campeonato moi disputado, con moitos xogadores pugnando por alcanzar os postos de privilexio.

Liga Senior Feminina.- Nesta categoría aprétase máis a cabeza despois desta tirada, xa que Dolores Baño (gañadora = 6 puntos) e Belén Meitín (segunda = 4 puntos) recórtanlle diferenzas á líder, que sigue e ser Carmen Roca con 45 puntos, só dous máis que Dolores Baño (43) e catro máis que Belén Meitín (41). Xa moi distanciadas Concepción Piñeiro con 15 e Leonor Casabella con 12. Queda claro que o podium final nesta categoría vai estar entre estas tres xogadoras, Carmen, Dolores e Belén, moi superiores ao resto.

Liga Sub 16.- Aquí a líder Salomé Rodríguez sigue mantendo un forte pulso co Daniel López e co seu irmán Isaias Rodríguez. A victoria de Daniel permítelle acortar distancias con Salomé, situándose agora a só 8 puntos (Salomé 53 e Daniel 45). O terceiro en discordia, Isaias ten 42 puntos, co cal inda mantén intactas as súas opcións para súa primeira victoria final. Salientamos de Isaias os 59 puntos obtidos como mellor bolada nesta tirada, o que lle permitirá optar ao premio  á mellor bolada da temporada nesta Liga Sub 16, que por agora é esta de Isaias.

A vindeira tirada terémola o SÁBADO 28 DE XANEIRO NO CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS, EN SAN ISIDORO DE MONTE.

Exit mobile version