Site icon Crónica3.com A Mariña

Igualdade e Xuventude do Concello de Cervo convoca a certame de Cartas e Poesías de Amor polo “Dia dos namorados”

Rexerase polas seguintes bases: O tema xenérico é o amor; valorarase a orixinalidade e o sentimento. Establécense tres categorías: de 5 a 12 anos, de 12 a 25 anos e de máis de 25 anos. Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. As cartas e poesías serán en galego. Con cada traballo acompañarase unha indicando: nome e apelidos, idade e número de teléfono. O prazo de presentación rematará o vindeiro 13 de Febreiro de 2012. Os traballos enviaranse ou entregaranse na casa do concello en Cervo, na casa da cultura en San Ciprián ou no correo electrónico: informatica@concellodecervo.com. As obras , tanto premiadas como non premiadas, quedarán a tódolos efectos en poder do Concello de Cervo quen decidirá sobre o seu uso según considere oportuno. O xurado estará formado por cinco membros. A decisión do xurado é inapelable. O fallo do xurado farase público no mes de marzo. A presentación neste concurso supón a aceptación das presentes bases, a decisión do xurado e a renuncia a calquera reclamación.

Exit mobile version