Site icon Crónica3.com A Mariña

Independentes de Viveiro presentan unha batería de preguntas de control ao goberno do concello

Nota de prensa:
Independientes de Viveiro

O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro,

EXPÓN:

Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza as seguintes:
PREGUNTAS

¿Pódennos explicar porque motivo estivo pechada ao público a oficina de turismo no período comprendido dende o día 15 de Decembro ata o día 2 de Xaneiro?

¿Poque non se celebrou o pregón de Nadal e así mesmo o desfile de Papa Noel?

Recentemente foi donado por parte dun comerciante de Viveiro, O Sr. Modesto Novo, un mural para o Concello, ó cal agradecemos o xesto, por iso preguntamos ¿ donde ten o equipo de goberno previsto a súa instalación, e cando?.

¿Desearíamos coñecer que lle reporta o noso Concello formar parte da asociación de “Villas Marineras”, e canto se paga o ano por pertencer a mesma?.

O Concello de Viveiro segue formando parte do Eixo Atlantico do Noroeste Peninsular, ¿canto se esta pagando de canon anual na actualidade? ? ¿Foi enviado pola nosa parte algun proxecto?, ¿Participou o noso Concello nalgún programa dentro dos ámbitos de desenvolvemento do Ente, referidos a: Desarrollo sostible, Planificación e transporte, desarrollo social, modernización da adminstración, cultura, turismo ou deporte?

Tivemos noticias de que a Banda Municipal de Musica de Viveiro, deixaba de facer as actividades que viña desenrolando, por mor de non percibir por parte do Concello a subvención correspondente de acordo co convenio respeito ó ano 2011. Ainda que recoñecemos a axuda que o Concello realizou en anos anteriores, queremos saber: ¿Está interesado ó equipo de goberno na continuación da Banda? ¿ Si esto é así , teñen previsto reunirse cos mesmos para concretar as cantidades con que se vai a subvencionar a mesma e en que datas se van a pagar?. e asi mesmo ¿Cando se vai firmar un novo convenio?
¿Como está o proxecto de urbanización do barrio do Celeiriño?, ¿cando se vai acometer a tan esperada obra?

¿Realizaronse por parte do Equipo de Gobierno as xestións oportunas, cos organizadores do Resurección Fest, para que este continue celebrándose, dada a importancia económica que supón para a economía do comercio do Concello?

¿Ten o equipo de goberno alguna noticia das negociacións entre Costas e Portos de Galicia para o arranxo definitivo do antiguo muelle de Viveiro?

Dentro das actividades realizadas e organizadas pola comisión oficial creada no Concello para a celebración do Bicentenario do afundimento da fragata Magdalena e do Bergantín Palomo estaba a confección dun comic da conmemoración. Como sexa que xa esta abonada a sua elaboración, e so falta a impresión, e polo que preguntamos ¿para cando se vai proceder a mesma?.

ROGOS

1.- ROGAMOS se faga un estudio por parte dos técnicos municipais, sobre a repercusión que ó incremento aprobado polo goberno do Estado, vai supor os veciños de este Concello no pago do IBI, e mirar a posibilidade de modificar a ordenanza municipal, para que non se produza un incremento desmesurado do citado imposto.

2.- Despois da prospección xeofísica realizada na nosa ría o paso mes de Outubro, donde se localizaron ata 11 anomalías de posibles pecios, ¿Enviouse o Concello algún informe o respecto desa analise?, Se non o fixeron, ROGAMOS se fagan as xestións oportunas ante as administracións pertinentes o obxeto de estar totalmente informados sobre este tema.

Exit mobile version