D. ISAAC DÍAZ PARDO
Sempre na memoria
O traballo exemplar de D. Isaac Díaz Pardo, transformando os nosos recursos naturais en valores artísticos e culturais, quedará para sempre como modelo a seguir por todos aqueles que sentimos querencia pola nosa terra.
O noso sinceiro agradecemento pola súa traxectoria exemplar como mecenas ,esforzándose en sacar adiante todos cantos proxectos se puxeron ó alcance das súas posibilidades, polo seu apoio demostrado ó teatro afeccionado, en especial ó teatro realizado aquí na Mariña e polo seu inconformismo , empeñado en demostrar que se pode vivir forxando soños.
O Bordelo non esquece que naceu e medrou no Auditorio de Sargadelos, sempre co apoio incondicional de D. Isaac, á cabeza, e de todos cantos compoñían o seu equipo. Esa man tendida para os que comezamos sen nada ten que servirnos de exemplo para unir esforzos, para demostrarlle ó mundo que somos capaces de manter vivo e activo o espirito de Sargadelos.
A gratitude colectiva e o recordo para sempre na memoria ha de ser a homenaxe máis sentida dun pobo agradecido que o descanso en Paz teno ben merecido.
Francisco Piñeiro , director de O Bordelo