Site icon Crónica3.com A Mariña

Isaac Díaz Pardo

ISAAC DIAZ PARDO

Coñecín a Diaz Pardo ala por o ano 1972, cando se inaugurou a tenda- galería de Sargadelos en Barcelona, presentárono e falamos do meu orixe e de que facía cerámica; volvémonos a encontrar en Sargadelos en 1974, acudín a el pedindo un traballo, pero a crise fastidiou o asunto. No verán do 75 estiven en Sargadelos e mantiven varias conversas e debates con el, ao largo dos anos seguímonos vendo, incluso lle fixen unha entrevista encol do mundo da empresa, que publicou El Progreso. Pasaron os anos e a ultima vez que nos vimos foi na presentación dun libro póstumo encol do común amigo Lois Tobio, na Casa da Administración de Sargadelos; os novos mandamais do grupo non deixaran facelo no auditorio do complexo, xa sucedera o desfalco e a traizón a Isaac. Eu publicara unha carta, reproducida en moitos medios, en defensa de Isaac, e Os Aventados deramoslle o Ardello carro do 2006, ao verme abrazoume e deume moitas gracias e engadiu, “Cando todo isto acabe temos que facer unha comida para agradecervos a que fixeches”.

Foi a ultima vez que vin a Isaac, que xa era un exiliado da súa propia empresa, da súa propia creación, pois a pesares do que di o dicionario que “Exiliado: Se aplica a la persona que se ha visto obligada a abandonar su país, generalmente por razones políticas”, Diaz Pardo foi botado por a porta faxeira das empresas que creara e levara a o mais alto do aprecio, gañando diñeiro e creando valor engadido para elas e a comarca en xeral.

Encol disto dicía fai pouco “as cousas seguen sendo complicadas. Vivín traizóns á amizade, á confianza, traizóns financeiras. Contra elas nada puiden facer. Aí tamén me tocou resignarme”. En tempos removidos Isaac tiña a solución a continuidade de Sargadelos, unha fundación, a volta do seu fillo Xosé para levar o apartado do deseño “como herdeiro de Seoane, e a xerencia o outro fillo, pero o “vil diñeiro” e a avaricia botaron por terra esa continuidade. Chimparon fora a Isaac e dende aquela andan a tombos, cheos de débedas, mendigando subvencións e sen tino cando el dicía “aínda pecando de inmodestia, debo dicir que me enorgullezco de que o nome de Sargadelos sexa recoñecido en todo o mundo. Para min que iso non estivo mal”

E Isaac e o seu espírito creador foise “Diga mellor que me foron. Foi unha trampa legal. Alguén que levaba traballando trinta e cinco anos comigo xogouma. Agora podo dicir tranquilamente e sen andrómenas que a Xustiza non funciona.”

Agora con a súa morte e o enterro en Santiago son moitos os que gastan papel en eloxios, en unha costume tan nosa de falar sempre ben dos mortos pero ¿Onde estaban estas xentiñas cando calaron por a inxustiza feita a Isaac a chimpalo de Sagadelos? E porque agora tamén esquecen ese feito e os seus responsables?

Otero Regal

Exit mobile version