Site icon Crónica3.com A Mariña

Mª José García Villamil, Mª Luisa Rubiños e Encarna García Fernández gañadoras dos vales desconto sorteados na praza de abastos de Ribadeo

Rematou na praza municipal de abastos de Ribadeo o sorteo da campaña Presume de praceiro e praceira. As afortunadas cos vales de desconto por importe de 75, 50 e 25 euros respectivamente foron: Mª José García Villamil, Mª Luisa Rubiños e Encarna García Fernández. Estas mulleres deberán gastar nos postos da propia praza de abastos os premios nas próximas compras que realicen. O de hoxe foi o segundo sorteo da campaña Presume de praceiro e praceira. O anterior tivo lugar o pasado mes de decembro. A campaña foi organizada pola Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo.

Exit mobile version