Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 50 familias de Cervo aproveitan as vantaxes dos composteiros

Nota de prensa

Máis de 50 familias de Cervo aprovéitanse das vantaxes dos composteiros

– A concelleira de Medio Ambiente comprobou a boa utilización que están
facendo os seus usuarios
– As familias que desexen reciclar a materia orgánica na casa poden
solicitar un composteiro nas oficinas municipais
– O Concello seguirá apostando por esta iniciativa coa que se pretende
coidar o medio ambiente

A edil de Medio Ambiente e Turismo, Begoña Alonso, interesouse nestes días
por coñecer a utilización que están tendo os composteiros que entregou o
Concello a máis de 50 familias de Cervo. Por iso, a concelleira visitou
varios fogares situados en distintos puntos do municipio nos que os
composteiros dan xa o seu rendemento e cumpren os seus obxectivos. A
concelleira dixo estar “muy satisfecha por los resultados que
están consiguiendo los vecinos y por su implicación con el aprovechamiento
de los composteiros”. Alonso tivo a oportunidade de escoitar en primeira
persoa as impresións dos usuarios: “Se mostraron muy contentos con el
rendimiento que les están dando e incluso ellos mismos experimentan la
mejor forma de sacarles provecho”.

O Concello costeou no seu momento a adquisición dos composteiros e
encargouse de facer a entrega ás familias a través dun programa piloto de
compostaxe doméstica posto en marcha pola Sociedade Galega de Medio
Ambiente (Sogama) no que participa o municipio cervense dende xuño de
2010.
Dende entón, repartíronse máis de 50 composteiros entre os fogares
do rural cervense e dada a súa boa acollida, o goberno local continuará
con esta iniciativa “de apuesta por una política mediaombiental activa”,
sinala Alonso.

Deste xeito, “desde el Ayuntamiento vamos a seguir potenciando este tipo
de medidas. Por el momento ya hemos encargado un nuevo lote
de composteiros para que cada vez sean más los vecinos se puedan
beneficiar de sus ventajas”.
De feito, a edil lembra que as familias
interesadas en facerse cun destes elementos de reciclaxe de materia
orgánica xa poden anotarse nas oficinas municipais.

Begoña Alonso destaca os moitos beneficios que implica este proceso
biolóxico de materia biodegradable. Por unha banda, conséguese reducir o
volume global de residuos producidos, polo que son menos os desperdicios
que rematan nas plantas de tratamento e contribúese así a coidar o medio
ambiente. Ademais, o aproveitamento que se lle da ao compost para abonar
os terreos permite mellorar as propiedades do solo e minimizar o uso de
fertilizantes, o cal tamén ten un impacto positivo no medio ambiente. “Aún
así, no podemos olvidar que los propios usuarios también ahorran evitando
o disminuyendo la adquisición de fertilizantes”, explica a edil. Ao mesmo
tempo, toda a materia orgánica que se aproveita para facer o compost tamén
contribúe a reducir o volume da bolsa do lixo do fogar e ao mesmo tempo o
número de desprazamentos que deben facer os usuarios para desfacerse dos
seus residuos. “Todos estos beneficios y el grado de satisfacción de
los usuarios nos anima a continuar con la potenciación del compostaje
doméstico”, engade Begoña Alonso

Exit mobile version