Site icon Crónica3.com A Mariña

Miguel Louzao participou na selección galega de fútbol sala sub-19 que se clasificou para a fase final

Nota de prensa:
A Selección Galega de Fútbol sala SUB-19 clasifícase para a fase final.

A pasada semana tivo lugar a fase de clasificación do campionato de seleccións autonómicas, o devandito evento disputouse en Bilbao. No combinado galego participou o xogador do Pizzbur Cidade de Viveiro, Miguel Louzao. Os galegos resolveron o seu encontro sen problemas ante o conxunto asturiano por un contundente 10-0.

Desta forma a Selección SUB-19 disputará a fase final os días 8,9,10 e 11 de marzo en Logroño, clasificándose para esta ademais da galega, Andalucía, Melilla, Madrid, Murcia e Valencia. O CFS Cidade de Viveiro quere desexarlle moita sorte ao combinado galego e en especial ao seu xogador Miguel.

Exit mobile version