Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo programa do Antroido 2012 de Xove

NOTA DE PRENSA.-

CORRECCIÓN DE ERRO NO PROGRAMA DE MAN DO ANTROIDO 2012 DE XOVE

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova edición do DESFILE DE ANTROIDO para este ano 2012, o cal vai percorrer distintas rúas de Xove o SÁBADO 18 DE FEBREIRO A PARTIRES DAS 5 DA TARDE.

No Programa de Man no que se recollen os Premios do Desfile de Antroido de Xove tiven un erro na confección do mesmo, ao intercambiar os premios de dúas categorías distintas.  O erro é o seguinte:

No Programa de Man, onde dí:

-Premios de  Comparsas e Grupos de 10 persoas ou máis:

1º.- 110 €uros

2º.- 80 €uros.

3º.- 50 €uros.

-Premios de Grupos de 3 a 9 persoas:

1º.- 300 €uros.

2º.- 250 €uros.

3º.- 150 €uros.

Debe decir:

-Premios de  Comparsas e Grupos de 10 persoas ou máis:

1º.- 300 €uros.

2º.- 250 €uros.

3º.- 150 €uros.

-Premios de Grupos de 3 a 9 persoas:

1º.- 110 €uros

2º.- 80 €uros.

3º.- 50 €uros.

Este Programa de Man enviouse a tódalas casas do Concello, polo que para clarexar o tema e evitar confusións cremos necesario facer esta aclaración.

Para unha maior información, adxunto a continuación a NOTA DE PRENSA completa que enviéi o pasado mércores 25 de xaneiro, onde se recolle toda a información sobre o DESFILE DE ANTROIDO DO SÁBADO 18 DE FEBREIRO.

As Bases deste ano siguen a mesma liña do pasado ano, pero temos algunhas modificacións que realizamos co fin de mellorar o desfile e a participación no mesmo. Frente ás cinco categorías do pasado ano, este ano temos dúas máis. A categoría infantil, única o pasado anos, este ano desdóblase en INFANTIL NENO  e INFANTIL NENA.  Imos ter unha categoría para PARELLAS exclusivamente, cando o pasado ano as parellas ían con grupos de 3 e 4 persoas.  En canto a grupo numerosos, temos por unha banda GRUPO DE 3 A 9 PERSOAS e por outra, COMPARSAS E GRUPOS DE 10 OU MÁIS PERSOAS. O último apartado é o adicado ás CARROZAS.

O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:

-Concello de Xove, oficina do Técnico de Cultura (horario de oficina de 8:30 a 15:00 horas) ata o venres 17 DE FEBREIRO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao Concello.

-O mesmo día do desfile (18 DE FEBREIRO) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

O Concello ten previsto que  tódolos/as  participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile  (antes do 18 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

A continuación axunto AS BASES DO CONCURSO que foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local o pasado 23 de xaneiro.

BASES REGULADORAS DO CONCURSO DE DISFRACES DO DESFILE DE ANTROIDO DO CONCELLO DE XOVE.

O Concello de Xove, consonte ao previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e no que sexa de aplicación, os RD 887/2006, de 21 de xullo e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, e ao obxecto de incentivar a participación cidadá nos actos programados para o Sabado de Entroido, con motivo da celebración do desfile de antroido, establece as normas reguladoras da participación, as axudas económicas e dos premios que se outorgarán aos participantes que interveñan nos citados actos, de acordo coas seguintes

BASES

PRIMEIRA.- DEFINICIÓN DO OBXECTO

Constitúe  o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento dos premios do concurso de disfraces do desfile de antroido organizado polo Concello de Xove.

SEGUNDA.- REQUISITOS DOS PARTICIPANTES

Poderán participar no concurso e ser beneficiarios destas axudas, calquera particular, asociación ou entidade legalmente constituida así como os “grupos ocasionais” que cumplan as condicións previstas nestas bases. Neste último caso, os seus integrantes deberán nomear un representante debidamente autorizado para actuar no nome do grupo. Só poderá presentarse unha solicitude por entidade ou grupo.

A documentación a presentar será  a seguinte:

1.- Particulares

-Ficha de inscrición establecida ao efecto

-Copia do N.I.F. do concursante ou titor, para o caso de menores de idade

-Certificado expedido pola entidade bancaria no que conste o número de conta e titular da mesma, tendo en conta que a titularidade ten que estar ostentada polo participante ou titor, para o caso de menores de idade.

2.- Asociacións legalmente constituidas e “grupos ocasionais”.

-Ficha de inscrición establecida ao efecto. Deberá indicarse o nome, apelidos e N.I.F. do representante do grupo.

-Copia do N.I.F. do representante do grupo

-Certificado expedido pola entidade bancaria no que conste o número de conta e titular da mesma, tendo en conta que a titularidade ten que ser ostentada pola asociación ou para o caso de grupos ocasionais, polo representante do grupo.

-Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (só para o caso de asociacións legalmente constituidas)

A ficha de inscrición deberá presentarse en todo caso, con carácter previo á celebración do desfile, ben personándose nas dependencias do Concello de Xove-Oficina do Técnico de Cultura ata o venres anterior á data de celebración do desfile, ou ben o mesmo día do desfile no punto de saída (Nave-almacén sita á carón do campo de fútbol municipal) ata media hora antes do comenzo do desfile. A restante documentación poderá presentarse de xeito simultáneo á ficha de inscrición ou, en todo caso, con carácter previo ao acordo de concesión dos premios. Serán rexeitados aqueles participantes que aínda  constando como beneficiario dun premio na acta asinada polo xurado do concurso, non entreguen a documentación que se recolle neste artigo antes do acordo de concesión.

TERCEIRA.- NORMAS DO DESFILE

Para participar no concurso será necesario cumplir as seguintes normas:

-Ter colocado en todo momento o dorsal que será facilitado polo organización do desfile

-Gardar o orden de saída durante todo o desfile deixando unha distancia prudente entre participantes

-Será  de competencia do xurado valorar a impuntualidade dos participantes

-Se os participantes se acompañan de calquera tipo de artilugio ou artefacto, deberán velar en todo momento polas seguridade daqueles e do público asistente, quedando prohibida a utilización de calquera material pirotécnico.

-Está  permitido levar animais ao desfile sempre que non representen un perigo para o resto dos participantes e o público asistente, non estando non obstante permitido o seu maltrato podendo ser esta actuación causa de expulsión do concurso e consecuente descalificación.

-Non se permitirán representación de carácter obsceno que podan ferir a sensibilidade dos espectadores, moitos deles nenos.

-É  imprescindible ir ataviados co disfraz no momento da entrega de premios, que se efectuará o mesmo día do desfile, en horario de tarde coincidindo co baile infantil e en horario de noite, coincidindo co baile de maiores.

CUARTA.- COMPOSICIÓN DO XURADO

O xurado estará composto como mínimo por tres membros designados pola organización do concurso.

QUINTA.- CRÉDITO ORZAMENTARIO

A contía máxima destinada aos presentes premios é de 3.000,00 € (partida 338.481 do Estado de Gastos do vixente Orzamento Municipal).

SEXTA.- PREMIOS

    Carrozas.

    1º  premio: 500 euros

    2º  premio: 300 euros

    3º  premio: 200 euros

    Comparsas e grupos de dez persoas ou máis

    1º  premio: 300 euros

    2º  premio: 250 euros

    3º  premio: 150 euros

    Grupos de 3 a 9 persoas

    1º  premio: 110 euros

    2º  premio: 80 euros

    3º  premio: 50 euros

    Parellas

    1º  premio: 60 euros

    2º  premio: 50 euros

    3º  premio: 40 euros

    Individuais adultos

    1º  premio: 50 euros

    2º  premio: 40 euros

    3º  premio: 30 euros

    Individuais infantil (nenos)

    1º  premio: 40 euros

    2º  premio: 30 euros

    3º  premio: 20 euros

    Individuais infantil (nenas)

    1º  premio: 40 euros

    2º  premio: 30 euros

    3º  premio: 20 euros

A contía dos premios anteriores é líquida. O RD 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas, suxeita a retención os premios de contía superior a 300 euros. A porcentaxe de retención regulada no artigo 107.7 da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas,  será de 19%.

De acordo co anterior, a contía bruta do primeiro premio da categoría de carrozas será de 617,28 euros e do segundo, de 370,37 euros. Do mesmo xeito, a contía bruta do primeiro premio de comparsas e grupos de dez persoas ou máis será de 370,37 euros e do segundo, de 308,64 euros.

SÉTIMA.- PROCEDEMENTO DE ENTREGA DE PREMIOS

Unha vez rematado o desfile, o xurado levantará acta na que consten os premiados por orde decrecente e por categorías. De acordo coa mesma entregarase aos gañadores un cheque-regalo que se facerá efectivo mediante transferencia bancaria dentro do prazo dos vinte días seguintes á celebración do concurso, sempre e cando se dispoña de toda a documentación requerida na Base  Segunda.

Sobre a acta do xurado, emitirase informe-proposta  polo Técnico Municipal de Cultura, que se elevará á Xunta de Goberno Local, órgano competente para a concesión dos premios.

OITAVA.- PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

A presentación da ficha de inscrición supón a aceptación incondicional das presentes bases e das condicións, requisitos e obrigas contidas nestas. A organización do concurso resérvase o dereito de calquera modificación que por forza maior se vira obrigada a efectuar.

A concorrencia ao proceso de concesión de subvencións implicará  a manifestación tácita do consentimento inequívoco ao tratamento de datos de carácter persoal e a súa pubblicación de acordo co previsto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais será estructamente á xestión e tramitación do expediente correspondente.

DISPOSICIÓN FINAL

As presentes Bases permanecerán en vigor para os vindeiros exercicios en tanto en canto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresas.

Exit mobile version