Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros visita Fitur e di que agarda que cheguen máis turístas

Nota de prensa

FUENTE PARGA VISITA HOXE FITUR EN MADRID. O REXEDOR AGARDA QUE O VINDEIRO VERÁN MOITOS TURISTAS CHEGUEN A BARREIROS, PERO TAMÉN NOUTRAS ÉPOCAS DO ANO.

Barreiros, 18 de xaneiro de 2011. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, visita hoxe Fitur en Madrid. O tamén presidente da Mancomunidade de Municipios de A Mariña agarda que durante o verán cheguen moitos visitantes á comarca e a Barreiros, pero tamén noutras épocas do ano.

Fuente Parga relatou que “ás dez da mañá chegabamos aquí a Madrid e despois de identificarnos xa nos acercamos ao stand de Turgalicia. A Mariña está moi representada nesta Feira Internacional de Turismo, me sorprendeu gratamente o número de representantes políticos que xa están aquí e os que virán estes días, tamén nos atopamos cos membros de Aturmar e co presidente da asociación de hostaleiros de Lugo”.

O rexedor barreirense cre que “vai ser unha boa feira. O turismo é un sector con tirón e de aquí se pode sacar un bó resultado para a Mariña lucense e para o concello de Barreiros, que é o que perseguimos todos. Todos queremos volver ter moitos visitantes durante o vindeiro verán, pero tamén noutras épocas do ano”.

Exit mobile version