Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela expuxo os motivos polos que non concede subvencións aos clubes deportivos

Nota de prensa

GONZÁLEZ BARCIA REITERA QUE NON PROMETE O QUE NON PODE CUMPLIR, EN RELACIÓN COAS AXUDAS AOS CLUBES DEPORTIVOS. O ALCALDE ASEGURA QUE ÁS ESCOLAS DEPORTIVAS DA SD BURELA ADEBÉDANSELLES 9.200 EUROS, E SEGUNDO O CONVENIO SUBSCRITO DITAS ESCOLAS SON MUNICIPAIS, POLO TANTO DEBERÍAN SER GRATUITAS E NON O FORON DURANTE A VIXENCIA DO MESMO.
Burela, 4 de xaneiro de 2012. O alcalde de Burela, o popular José María González Barcia, xunto co seu equipo de goberno, reuniuse hoxe con pais e nais de usuarios das escolas deportivas da SD Burela, a petición destes últimos, para explicar a razón que o moveu a non conceder, de momento, subvencións aos clubes deportivos. No encotro, que tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello, González Barcia deixou claro que “á vista de cómo está a situación económica do Concello, se non teño claro que non poido cumplir, non prometo nada. Só si aumentamos ingresos poderá haber aportacións municipais”.
Barcia, que reiterou que “a solución non é, para nada, do agrado do equipo de goberno, como non son outras que por desgracia temos que adoptar”, recoñeceu que houbo un compromiso no seu momento de axudar aos clubes, pero “a realidade é a que é, e eu non poido modificala: en 2012 teremos menos ingresos que en 2011”.
Con todo, o alcalde lembrou que en 2011, o Concello gastou directamente arredor de setenta e cinco mil euros no mundo do deporte, sen contar os convenios asinados cos clubes, e destacou o mantemento e limpeza de absolutamente todas as instalacións deportivas municipais, incluidos o recinto de A Marosa e o pavillón Vista Alegre, así como gastos de persoal.
Barcia dixo que “o Concello ten agora unha persoa adicada exclusivamente ao recinto de A Marosa, que antes non había, e que custa anualmente 23.000 euros. Ademais, o Concello paga os conserxes que se ocupan do pavillón Vista Alegre ou dos Castros, e gastou outros 26.500 euros en monitores deportivos durante 2011”.
O alcalde tamén aportou máis datos, para clarexarlles aos asistentes que o Concello está a facer un esforzo importante, “hai 10.000 euros en enerxía eléctrica nas instalacións deportivas, incluidos o pavillón Vista Alegre e o recinto de A Marosa, xunto con outros 12.700 euros en diversos gastos de mantemento, ademais doutros 8.000 euros en gastos varios (trofeos, escolas deportivas municipais, etc.)”. Ademáis anunciou que se investirán 3.500 euros nun novo cortacésped.
José María González Barcia explicou tamén esta tarde que “o Concello mantén as escolas deportivas municipais, co que non se pode decir que os rapaces non poden facer deporte en Burela”. E engadiu que “actualmente, a débeda existente coas escolas deportivas da SD Burela é de 9.200 euros, porque os restantes 10.000 euros estaban negociados con determinada empresa de transporte. Ademais, segundo os convenios asinados no seu día, as escolas deportivas da SD Burela tiñan que ser gratuitas, polo seu carácter municipal, e non o foron, porque cada pai pagou a temporada pasada algo máis de cen euros por mandar aos seus fillos a ditas escolas”. Neste senso, indicou que “no seu momento, alguén non dixo a verdade sobre este asunto e asinouse o que se asinou, pero non se cumpliu”.

Exit mobile version