Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela visitou a demarcación de estradas, a Deputación e a Camara de Comercio en Lugo

Nota de prensa

MAÑÁ DE XUNTANZAS EN LUGO PARA O ALCALDE DE BURELA. GONZÁLEZ BARCIA ESTIVO NA DEMARCACIÓN DE ESTRADAS DO ESTADO, NA DEPUTACIÓN E NA CÁMARA DE COMERCIO.

Burela, 25 de xaneiro de 2012. O alcalde de Burela, José María González Barcia, mantivo esta mañá en Lugo varias xuntanzas nas que se abordaron asuntos de importancia para o Concello. O rexedor estivo na Demarcación de Estradas do Estado, na Deputación e na Cámara de Comercio de Lugo.

Co enxeñeiro xefe da Demarcación de Estradas en Lugo González Barcia falou das posibles modificacións da liña de edificación afectada pola variante “de cara a concretar xa de forma definitiva o documento do plan xeral de ordenación municipal para poder aprobalo inicialmente”. O alcalde burelés explicou que “esta liña de edificación queremos que sexa reducida. Como todo apunta a que hai que reflexar no Pxom o futuro trazado da autovía Barreiros-San Cibrao queremos que a afectación con respecto á variante se vexa reducida considerablemente”. José María González Barcia cre que “as conversas que vimos mantendo desde hai tempo van por bó camiño e agardo e confío que no prazo duns dous meses esto quede completamente confirmado”.

Na Deputación Provincial de Lugo o alcalde de Burela reuníuse cos responsables do departamento de recursos humanos, “para concretar a posible realización por parte desta administración da relación de postos de traballo do persoal tanto funcionario como laboral do Concello de Burela”. Barcia dixo que “estivemos a barallar diferentes posibilidades e agora o Concello se terá que decantar por algunha deles. Vemos que hai unha boa disposición por parte da Deputación Provincial para facer este traballo e nós decidiremos si optamos pola oferta que nos planrexa esta institución ou si modificamos a actual RPT, que está en vigor, cos nosos propios técnicos”. O rexedor subliñou que “calquera que sexa a opción elexida o custe será cero para o Concello de Burela”. A intención do alcalde e do equipo de goberno “é tentar que esta RPT estea lista ao longo deste 2012” e lembraron que “durante catro anos non se fixo prácticamente nada, só unha pequena recollida de datos. Foron catro anos perdidos por parte do bipartito burelés, que non fixo nada en materia de política de persoal”.

González Barcia reuníuse tamén en Lugo co presidente da Cámara de Comercio, Eduardo Núñez Torrón, “para analizar e reforzar as canles de colaboración entre a Cámara e o Concello, ben directamente co propio Concello ou coa Fundación Expomar”. O rexedor recoñeceu “a labor de apoio da Cámara cara o sector empresarial, autónomo, etc que hai en Burela como co propio Concello como institución”.

Exit mobile version