Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo falará co conselleiro dre Xustiza da conversión do xulgado de paz en xulgado de primeira instancia

Nota de prensa

FERNANDO SUÁREZ VEN DE SOLICITAR MANTER UNHA ENTREVISTA CO CONSELLEIRO DE XUSTIZA CO FIN DE FALAR DO DEMANDADO XULGADO PARA RIBADEO.

Ribadeo, 27 de xaneiro de 2012. O alcalde, Fernando Suárez, ven de solicitar manter unha entrevista urxente co conselleiro de Xustiza da Xunta, Alfonso Rueda, para analisar a situación actual do compromiso do goberno galego en relación coa conversión do xulgado de paz en xulgado de primeira instancia e instrucción.

O rexedor quere acudir a ese futuro encontro acompañado dos voceiros dos grupos políticos que teñen representación no Concello ribadense. Hai uns días o conselleiro aseguraba que a creación dun xulgado de primeira instancia en Ribadeo é un asunto complexo e que todo está pendente da reforma xudicial que realizará o novo goberno do Estado.

Hai preto de 45 anos que Ribadeo perdeu o seu xulgado de primeira instancia e nos últimos tempos foron moitas as xuntanzas e as xestións que se realizaron para tentar recuperalo

Exit mobile version