Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo pídelle a Estradas do Estado que arranxe un bache de grandes dimensións na A-8

Nota de prensa

FERNANDO SUÁREZ ESÍXELLE AO MINISTERIO DE FOMENTO O ARRANXO DUN BACHE DE GRANDES DIMENSIÓNS NA A-8 AO SEU PASO POLA PARROQUIA RIBADENSE DE VILAFRAMIL. O REXEDOR ADVIRTE QUE A ESTABILIDADE DOS COCHES QUE CIRCULAN POR ESA ZONA VÉSE SERIAMENTE COMPROMETIDA E DI QUE CALQUERA DÍA PODE PRODUCIRSE ALGÚN SINISTRO GRAVE.

Ribadeo, 23 de xaneiro de 2012. O alcalde, Fernando Suárez, envióulle un escrito á Demarcación de Estradas do Estado en Lugo esixindo o arranxo dun bache de grandes dimensións na A-8 ao seu paso pola parroquia ribadense de Vilaframil. O rexedor advirte que a estabilidade dos coches que circulan por esa zona queda comprometida e di que calquera día pode producirse algún sinistro grave.

Suárez Barcia indicou que “se trata de resolver este bache inmenso que hai na A-8, á altura aproximadamente da parroquia de Vilaframil no punto kilométrico 510, onde non se teñen rexistrado accidentes polo momento, pero moitos veciños nos indican que estiveron a punto de sofrir algún”. O alcalde de Ribadeo explicou que “o aglomerado asfáltico está tan deteriorado nesa zona que ao pasar a 110 ou 120 kilómetros por hora a estabilidade do vehículo queda seriamente comprometida. É algo que molesta moitísimo que esta situación siga así desde hai moito tempo”.

Fernando Suárez sinalou que “non se trata de que o Ministerio de Fomento volte a aglomerar a autovía, senón que nunha parte moi concreta da A-8, nuns 100 metros cadrados, repoña e amañe ese tramo de asfalto. Están advertidos a través dos seus vixiantes desde hai moito tempo, entendo que son coñecedores, sei que os apretos económicos nos afectan a todos, pero para bachear este treito non terían porque demorarse moito máis”.

O alcalde ribadense lembrou que “outras vías de comunicación que tamén dependen de Fomento, como é o caso da N-642 desde Ribadeo ata Porto, tamén está nun estado lamentable. Desde hai anos sempre se nos di que están a facer o proxecto, isto ten un custe económico maior, aínda que non ten perdón que estea sen amañar. Pero neste caso dun bache nunha autovía feita hai catro anos e que estea desde hai tempo dando mostras de perigo e que estea sen amañar é algo que desde o Concello de Ribadeo lles esiximos dunha maneira firme ao Ministerio de Fomento para que proceda ao seu arranxo, porque o día menos pensado vai haber un accidente e eles van ser os responsables do que alí poida pasar”.

Exit mobile version