Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde do Concello de Burela viaxou a Madrid para visitar Fitur

Nota de prensa

BURELA ESTÁ PRESENTE UN ANO MÁIS EN FITUR EN MADRID. O CONCELLO MOSTRA OS SEUS RECURSOS DESDE O STAND DE TURGALICIA. GONZÁLEZ BARCIA CONSIDERA QUE ÉSTA É UNHA OPORTUNIDADE QUE NON SE DEBE PERDER.

Burela, 18 de xaneiro de 2012. Burela está presente un ano máis en Fitur no stand de Turgalicia. Nos actos que alí se desenvolven está a participar o alcalde, José María González Barcia.

O rexedor dixo que “Burela acude un ano máis a Fitur en Madrid e está presente dentro do stand de Turgalicia. Cremos que nestes momentos de crise é cando Burela ten que apostar, dentro do que cabe, por ir facéndose un sitio no sector turístico. Tendo que os custes para vir a Madrid son relativamente baixos de aí a nosa presencia aquí”.

González Barcia manifestou que “as perspectivas que temos son dar a coñecer os nosos recursos turísticos. Burela co paso do tempo se vai facendo un oco dentro da axenda daquelas persoas que acostuman a viaxar e tendo en conta que o porto co seu movemento propio, o barco museo, o Monte Castelo, as praias e o conxunto de Burela fan que día a día este concello sexa unha vila máis atractiva para os turistas”.

O alcalde burelés indicou que “somos perfectamente conscentes de que a situación económica é a que é e ao mellor non podemos ir a moitas máis feiras ao longo do ano, pero entendemos que Fitur é o mellor escaparate para darse a coñecer. Hoxe aquí estamos vendo ademáis doutros alcaldes da comarca da Mariña lucense, a moitos do resto da provincia de Lugo e de moitos concellos de Galicia. É unha oportunidade que se nos brinda para enseñar os nosos recursos e non a podemos perder”. González Barcia agradécelle “un ano máis a Turgalicia e á Xunta o seu empeño e a súa disposición para que os concellos da Mariña e nomeadamente o de Burela poidamos estar aquí ensinando os nosos recursos”.

Exit mobile version