Nota de prensa
GALA ANUAL DO PENTATLON MODERNO E TRIATLON DE GALICIA
CRISTOBAL RODRIGUEZ NOMINADO A MELLOR PENTATLETA GALEGO EN ELITE ABSOLUTO 2012
“O DEPORTISTA DE ARENA, MARCA QUE O PATROCINA NO SECTOR DE NATACIÓN PODRIA ALZARSE POR QUINTA VEZ CONSECUTIVA CON ESTE PRESTIXIOSO GALARDÓN”
A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno homenaxeará o sábado 4 de febreiro ás e aos
mellores deportistas do ano 2011 nunha gala que se celebrará na localidade de Narón (17:00 horas no Auditorio Municipal).
Ademais destes premios, tamén haberá un recoñecemento para as promesas do tríatlon e do péntatlon, así coma aos mellores deportistas elite e o mellor club de tríatlon. Para iso, un xurado composto por xornalistas e o director técnico da federación elixirá entre as e os deportistas nomeados, entre os que se atopa Javier Gómez Noya, Cristobal Rodriguez Fidalgo, Iván Raña ou Marta Jiménez . Tamén serán recoñecidas as institucións que apoiaron ao tríatlon, así coma pola organización do mellor evento deportivo.